Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria fixemos este proxecto sobre Os muiños dos río Tripes en Tui.Dentro do Parque Natural do Monte Aloia discorre o río Tripes que nace no alto de San Xiao e pasa por as aldeas de Muíños, Circos e Os Eirados ante de chegar a Tui e desembocar no río Miño. O sendeiro dos Muiños do Tripes ten un percorrido de 4,5 Km onde se poderan ver ata 26 muíños.
Obxectivos:
Coñecer lugares relevantes que forman parte da nosa tradición.
Indagar e recadar datos sobre os contidos a traballar.
Recoñecer as partes e funcionamento dun muíño.
Potenciar e mellorar habilidades artísticas.
Planificar e levar a cabo un entrevista.
Valorar as ventaxas de formas de enerxía renovables como a hidráulica.
Fomentar o traballo en equipo e a colaboración.
Que sabemos dos Muiños?
Todos os alumnos/as falamos sobre o que sabemos sobre os muiños. Plasmamos as nosas ideas nun mapa mental na pizarra dixital.
En Lingua para coñecer as partes dunha noticia estivemos lendo noticias sobre os muíños do río Tripes. Tamén estivemos inventando noticias curiosas sobres os muíños do Tripes. A continuación amosamos algúns exemplos.
Para coñecer un pouco máis sobre os muiños dos río Tripes Viñeron o cole Ricardo e Crisrtián que pertencen a Asociación Muiñeiros do Río Tripes . Esta foi a entrevista que lles fixemos:
1.¿Onde nace o río Tripes e cal é o seu percorrido?
2.¿Cantos muíños hai?
3.¿Cantos anos teñen os muíños e con que se construíron?
4.¿Os muíños teñen nomes?
5.¿Cal é o muiño máis vello e máis novo?
6. ¿Cales dos Muiños son casa-muiño?
7.¿Cantos muíños hai en funcionamento?
8.¿Cómo funciona un muiño?
9. ¿Todos os muiños teñen unha roda para moer o poden ter máis?
10.¿ Cantos quilos de fariña pode producir un muiño?
11.¿Cantas persoas se necesitan para que funcione un muiño?
12.¿Derrubouse algunha vez un muiño? ¿Cal foi a causa?
13.¿Cal foi o desastre máis grande que aconteceu nos muíños?
14.¿Cantos quilómetros ten a ruta dos muíños?
15.¿Qué tipo de vexetación ou especies animais nos podemos atopar no ruta dos muíños?
16. ¿Cando se formou a asociación dos muiños do Tripes?
17.¿Cantos membros a forman?
18. ¿ Cal é o obxectivo da asociación os Muiños do Tripes?
19. Temos entendido que faces unha festa. ¿Cantos anos levades facéndona?
20. ¿Por que a facedes o 1 de maio? Ten algunha explicación ou podería ser noutra data.
21. Coñeces algunha historia ou anécdota descoñecida polo público que sexa interesante sobre os muiños do Tripes.
Os alumnos de 1º, 2º, 3º visitamos os muíños do río Tripes. Ricardo e Cristian nos recibiron moi ben e nos amosaron os muíños. Incluso puxeron en funcionamento un deles para ver como e leboraba a fariña. Moitas grazas O pasamos xenial.!!! Adxunto un video sobre a visita.
Manuel pai e Manuel fillo de automatismos Cerezo viñeron o colexio para ensinarmos com0 funciona un muíño. Ademáis, nos demostratron a cantidade de cousas que se poden facer grazas a unha enerxía renovable como é a hidráulica, acender unha luz, mover un ventilador etc. O máis curioso foi o de poder escoitar a enerxía.
Os alumnos/as de primeiro da Eso nos falaron da historia dos muíños, das súas partes, quenes os inventaron e de numerosas curiosidades. Para rematar fixemos unha divertidísima busca do tesouro.
Coa coloboración da mestra de plástica Eva que nos axudou a facer as pedras dos muíños, estivemos traballando na elaboración da maqueta. Creemos que todo o proceso mereceu a pena.