Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria fixemos este proxecto sobre os oleiros. A nosa referencia como oleira foi Fátima de Lucky´s Bakes que nos ensinou moitísimo sobre o mundo da olaría.
Introducción
A olaría é moito máis que a creación de obxectos de barro. É unha arte milenaria que conecta tradición, cultura e creatividade. Desde vasillas prehistóricas ata pezas de deseño contemporáneo, a olaría acompañou a humanidade na súa evolución.
A olaría é a arte de moldear barro ou arxila para crear obxectos, xeralmente mediante técnicas manuais ou o uso do torno. Aínda que orixinalmente se utilizaba para fabricar utensilios domésticos, hoxe en día tamén se valora como unha forma de expresión artística.
A olaría e cerámica se usan como sinónimos, pero non son o mesmo:
Olaría: centrada en pezas utilitarias (vasillas, xarras, pratos) con acabados máis rústicos. Coida usar técnicas máis tradicionais.
Cerámica: engloba tamén obxectos decorativos e artísticos. Implica procesos máis complexos (múltiples coccións, uso de esmaltes, decoracións máis elaboradas).
Historia de Fátima
Fátima Beamonte é unha artesá de Sabarís que se dedica á olaría e que comezou coa cerámica bastante tarde, aos 32 anos.
"Todo comezou lonxe de Galicia, en Miami, cando me atoprei por primeira vez co torno. Era 2020. O mundo estaba do revés e eu tamén. Descubrín que meter as mans no barro me daba algo que non sabía que necesitaba: pausa, calma, verdade.
Desde entón non deixei de explorar. Probei barros, formas, erros. E entendín que a cerámica non é só facer obxectos: é aprender a agardar. A non controlar. A deixar que algo tome forma sen forzalo.
Ás veces penso que non escollín o torno. Foi el quen me escolleu a min."
A materia prima principal do oleiro é a arxila. Non serve calquera barro para facer unha figura: ten que ter unhas características e unha composición química determinadas. Debe ter unha porcentaxe de caolín, cuarzo e feldespatos.
Existen varios tipos de barro:
Para baixa temperatura temos a arxila (a máis común).
Despois o gres, das máis resistentes e a máis utilizada para uso culinario.
A porcelana, aparentemente a máis fráxil pero a máis resistente de todas, translúcida e a máis cara.
Cócense a diferentes temperaturas:
Arxila: 1100º
Gres: 1200º
Porcelana: 1300º
O proceso de fabricación dunha peza de alfarería en galego é o seguinte:
Primeiro facemos a peza: O proceso comeza co modelado do barro, xa sexa no torno ou a man.
Secado da peza: É a fase que máis tempo leva, xa que a humidade debe evaporarse lentamente para evitar gretas.
Cocer a peza (980 º): A primeira cocción transforma o barro en "biscoito", dándolle dureza e porosidade.
Esmaltado: Unha vez cocida, a peza báñase ou píntase co esmalte.
Segunda cocción: Métese de novo no forno a maior temperatura para fundir o esmalte, e xa está a peza rematada.
Técnicas cerámicas
Modelar a pellizcos (o as pellizcos) é un dos métodos máis antigos para dar forma á arxila.
Facer unha bóla de arxila.
Logo, co polgar, presionar desde o centro da bóla cos dedos cara ao exterior. Pellizcar os bordos lentamente, adelgazando as paredes uniformemente
1.Esta técnica consiste en facer cilindros case delgados (dependendo do que desexe o artesán) presionando un pedazo de arxila contra a mesa usando os dedos estendidos e a palma da man, ata lograr estirar a arxila cilíndrica coa lonxitude e o grosor que desexemos.
2.Sobrepoñemos os churros (ou rolos) un enriba do outro pegando con barbotina e modelando coas mans para darlle a altura e forma que queiramos.
Torno: Tipos de torno
Torno Eléctrico
É o estándar nos obradoiros modernos. Utiliza un motor para xirar o prato e contrólase mediante un pedal electrónico que axusta a velocidade.
Vantaxes: Permite un control preciso das revolucións, é compacto e reduce o esforzo físico, facilitando o centrado de pezas máis grandes.
Ideal para: Principiantes e produción comercial.
Torno de Pé (ou de Patada)
É o modelo tradicional impulsado pola forza humana. O oleiro patea un volante pesado de madeira ou pedra situado na base para xerar inercia.
Vantaxes: Non require electricidade e ofrece un control moi orgánico sobre a velocidade; o ritmo márcao o corpo do artesán.
Ideal para: Olaría tradicional e contornas sen acceso a enerxía eléctrica.
Tornetas (ou Tornos de Man)
Son dispositivos pequenos e manuais que non xeran forza centrífuga abonda para modelar dende cero, pero son indispensables no obradoiro.
Vantaxes: Son lixeiras e permiten xirar a peza comodamente para decorar, pintar ou retocar.
Ideal para: Decoración, esmaltado e construción manual.
Ferramentas dos oleiros
Arame de corte (ou fío de corte)
Vaciadores
Esponxa
Espátulas
Coitelo
Pincel
Agulla
Modelador
Rascador
Creacións de Fátima
Para facer as súas creacións inspírase na natureza de Galicia: o mar, as árbores, os montes. Encántalle traballar os acabados con esmaltes e buscar cores que plasmen a realidade. As pezas que máis fabrica son cuncas, xerras, pratos e pezas para a nosa cociña. Tamén realiza oliveirados e traballa para restaurantes creando novas pezas para eles. A peza que máis vende son as cuncas e, de feito, encántalle facelas.
Aínda que hai moitas técnicas de decoración, o que máis utiliza son os esmaltes, xa que xoga coa química para obter novas cores. Para decorar as pezas utiliza a técnica de inmersión nos esmaltes.
Todas as creacións antes de pasar polo forno teñen cores grises, pero despois de cocelas cambian totalmente. O consello que nos dá Fátima para ser oleiro é que se consiga un torno ou se vaia a clases de torno e que se xogue e experimente moito con el.