Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria fixemos este proxecto sobre os oleiros . A nosa oleira de referencia é Fátima. O seu taller está situado en Sabarís e o seu negocio e coñecido como Lucky`s Bakes. Un proxecto de cerámica artesanal onde tradición e deseño contemporáneo se atopan en pezas elaboradas a man, con técnicas que respetan o tempo a materia e o xesto. En lucky´s Bakers, o barro se converte en memoria , e para elo nos guiamos por valores que buscan dar sentido a cada peza.
Obxectivos
Coñecer o oficio tradicional dos oleiros, ferramentas, materiais e proceso de traballo.
Recoñecer os principais tipos de pezas de cerámica e os seus usos na vida cotiá.
Identificar as fases do proceso da elaboración dunha peza: preparación, moldeado, secado e cocción.
Coñecer o funcionamento do torno do oleiro e a súa importancia na elaboración das pezas.
Planificar e levar a cabo unha entrevista.
Valorar o traballo artesanal como patrimonio cultural e forma de expresión artística.
Fomentar o traballo en equipo e a colaboración.
En Lengua para coñecer as partes dunha noticia estivemos lendo noticias sobre os Oleiros en Galicia. Deste xeito coñecemos as partes que teñen as noticias (titular, entrada, foto, pé de foto e corpo da noticia). Ademais fixemos a nosas propias noticias sobre os oleiros.
O profesor Nefario é un personaxe que nos acompaña en terceiro e nos fai preguntas todas as semanas; tamén nos axudou a coñecer curiosidades sobre os oleiros e as figuras importantes do oficio en Galicia. Con preguntas como que tipos de tornos hai, sitios de referencia dos oleiros en Galicia e España, a diferenza entre os oleiros tradicionais e os contemporáneos... Personaxes como Luciano García Alén, Fátima Beamonte, Antonio Raimundo Ibáñez...
Entrevista a Fátima
Entrevista a Fátima Beamonte: A alma no barro
I. Orixes e aprendizaxe
A que idade comezaches co oficio?
Como aprendiches o oficio e quen te ensinou?
En que consiste o teu traballo?
II. Materias primas
Cal é a principal materia prima do oleiro?
Pódese utilizar calquera barro para facer unha figura?
Que tipos de barro hai e cal é o que máis utilizas?
III. Ferramentas e técnicas de modelado
Que é o torno e para que serve?
Aparte de utilizar o torno, que outras técnicas hai para traballar?
Explícanos un pouco como é o proceso de facer unha figura ata que está terminada.
IV. O proceso de secado e cocción
Canto tarda unha peza desde que se fai ata que está terminada?
Como son os fornos de cocción: de leña, carbón, eléctricos…?
A que temperatura se ten que cocer unha peza?
Canto tempo de secado precisan as pezas?
V. Creación e deseño
Canto tempo necesitas para facer unha peza, a que menos e a que máis?
Cal é a figura que máis te custou facer?
Que figura é a que máis che gusta facer?
En que te inspiras para facer os teus deseños?
Que pezas fabricas e cal é a que máis vendes?
VI. Decoración e cor
Que técnicas usas para decorar as pezas?
Como pintas as pezas de barro?
As cores cambian despois de cocelas?
Que é o que máis che gusta: moldear, decorar ou cocer?
VII. Peche e consellos
Que consello darías a alguén que queira ser oleiro?
Para finalizar, xa que non somos expertos oleiros, que cres que nos poderiades dicir ou que consideras importante que nos quedou atrás sobre o teu traballo?
Aquí temos un pequeno video sobre o día que nos visitou o colexio Fátima.
Fátima nos fixo un taller para coñecer duas técnicas que utilizan os oleiros. Técnica pellizco e churro. A continuación un pequeno video dese día.
Unha das ferramentas principais dos oleiros e o torno. Fátima nos estivo ensinando o seu funcionamento. Todos experimentamos con el e fixemos a nosa primeira figura.
Alba
Daniela
Dylan
Edu
Enzo
Gabriela
Leyre
Martín
Oliver
Uxía
Valentina
Traballamos o vocabulario dos oleiros
Fátima nos animou a investigar sobre Sargadelos e Buño. Duas referencias da olería de Galicia. Os nenos/as buscaron nas súas casas.
O noso Cartel feito na clase de ARTS
O barro é o protagonista. Usamos tons terra e formas orgánicas para que o cartel transmita a esencia da cerámica.
Clay is the star. We used earth tones and organic shapes so that the poster conveys the essence of ceramics.
Un deseño feito para destacar a beleza das nosas pezas modeladas a man.
A design made to highlight the beauty of our hand-modeled pieces.
Gracias Fátima, pola túa entrega , as túas ensinanzas e o compromiso co proxecto.