PRAIA DO SALGUEIRÓN

Mostraxe 2019

TIPOS DE OBXECTOS RECOLLIDOS

O tipo de obxectos máis abundante é o vidro. En xeral, trátase de fragmentos moi desgastados e de pequeno tamaño, recolléronse 13.960. Tamén contabilizamos fragmentos de fondos e colos de botella (175). A pesares do número tan elevado de obxectos retirados nas diferentes, mostraxes seguen a quedar na praia moitos fragmentos.

A segunda categoría máis abundante son os materiais cerámicos, na que abundan os fragmentos de ladrillos e outros materiais de construción, ademais de anacos de numerosas vaixelas (2.112).

Dentro dos plásticos destacan botellas (22), bolsas (28) e xeralmente, envases alimentarios (30). Tamén se atoparon outros obxectos como redes (16), plásticos identificables de entre 2,5 a 50 cm de tamaño (436), piezas de plástico (incluido poliestireno) no identificables 0-2,5 cm (54) e utiles cultivo mejillón (29).

Dentro dos metais destacan os restos metálicos industriais (28) aunque tamén latas de bebida (incluido chapas destas latas de bebida e tapones metálicos) (34).

Nos téxtiles destacamos as teas (21) e zapatos (21).


Análise estatístico por tipo de obxectos

Os obxectos de vidro representan o 81,2 % do total de obxectos recollidos, seguidos dos materiais de alfarería e construción cun 14,0 %. Estas dúas categorías representan máis do 95% do lixo recollido.