LIXOS MARIÑOS EN PRAIAS DE CANGAS 


Autores da web: Joaquín Álvarez García e Carla Rodríguez Iglesias

INTRODUCIÓN

O Programa de seguimento de lixos mariños en praias de Cangas é un proxecto de investigación realizado polos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía  de 4º ESO do Colexio Compañía de María de Cangas, coordinados polo seu profesor. 

O Proxecto ten como socio colaborador á empresa Frigoríficos del Morrazo, S.A 

Consideramos lixo mariño a calquera sólido persistente de orixe non natural (producido ou transformado polo home), que sexa rexeitado, depositado ou abandonado en ambientes mariños e/ou costeiros. 

Imaxe: Praia do Salgueirón

OBXECTIVOS



Vidros entre rochas (Praia dos Alemáns)

LOCALIZACIÓN DO ESTUDO

Este programa de seguimento de lixos mariños realízase en praias do concello de Cangas que non teñen limpeza mecanizada ao longo do ano e atópanse situadas na proximidade da vila: Praia dos Alemáns, praia de Massó, praia da Congorza, praia do Medio e praia das Cunchas. 

FRECUENCIA DA MOSTRAXE

Mostraxe  2019. % obxectos retirados por campañas


En cada praia realizánse catro mostraxes (campañas) ao longo do ano (inverno, primavera, verán e outono) coa finalidade de avaliar a existencia dun comportamento estacional na presenza de lixo mariño. 


PROTOCOLO DE SEGUIMENTO

Baseado no protocolo do PROGRAMA DE SEGUIMIENTO DE LIXOS MARIÑOS EN PRAIA DA DIRECCIÓN XERAL DE SOSTENIBILIDADE DA COSTA E DO MAR DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA (GOBERNO DE ESPAÑA) enmarcado en Convenio OSPAR para a protección do Atlántico Nordeste. 

1. Mostraxe en toda a extensión da praia.

2. Documentación  gráfica da mostraxe

3. Retirada do lixo observado.

4. Clasificación dos obxectos recollidos.

5. Reconto dos obxectos recollidos.

6. Anotación de datos no Formulario.

7. Almacenaxe do lixo recollido.

8. Análise e estudo dos datos.

9. Elaboración do informe anual.

10. Comunicación do informe anual.