A idea básica deste proxecto é, por unha banda, axudar ao alumado a coñecer a problemática referida ao dano colateral do tabaco, desde o punto de vista da saúde ambiental. Concentrámonos no problema directo que eles mesmos poden observar nas súas vidas e na súa contorna, na natureza e no mundo urbano co que conviven a diario.
Ese mesmo coidado pola natureza é a base dun dos ODS, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Poder facer un cambio que incida no coidado da contorna e nas vidas das persoas de forma directa, aquí mesmo, desde o colexio. Pero tamén con efectos inmediatos a nivel global, porque calquera cambio que se incide nun ecosistema xera un impacto -por minúsculo que sexa- a nivel global. E ser conscientes diso implica axudarlles a crecer como persoas involucradas co mundo, coas persoas, co planeta e co seu propio futuro.
O segundo fundamento do proxecto é buscar o modo de impactar na contorna inmediata a través de varias medidas. En primeiro lugar, tentando facer conscientes aos organimos públicos sobre a problemática para tomar medidas a nivel orgánico.
En segundo lugar, realizar nosas propias campañas de concienciación ao público da nosa contorna para tentar xerar un cambio de conduta en accións que, socialmente, non están a ser negativizadas, como é o feito de desfacerse dunha cabicha simplemente tirándoa ao chan.