Demostrouse que as cabichas poden reter unha parte dos insecticidas usados nas plantas do tabaco previo á colleita.
Sabías que se tiras ao mar unha cabicha contamina 50 litros de auga. Ademais, os seus aditivos e os seus metais como o zinc pode producir cancro ou morte prematura, sen esquecer que na auga están os peixes que logo nós comemos.
A cabicha ten estas substancias moi daniñas: chumbo, amoníaco, fórmico, zinc, nicotina, arsénico e ácido.Cando acendes a cabicha xéranse 100 substancias tóxicas.
Poden emitir no aire substancias como nicotina, piridina e o boceno. Se te chegas a comer unha cabicha podería provocarche convulsións, depresión, ausencia de reaccións e dor de cabeza.
Tíranse aproximadamente 77 millóns de cabichas por día só nun país como Arxentina. En España, estímase que diariamente se consomen preto de 90 millóns de cigarros, se actuamos de forma similar a como fan noutros paises, aproximadamente o 50% dos cigarros fúmanse fóra de casas e edificios. E preto do 60% delas acaban no chan. Isto significa que tiramos ao chan nas nosas rúas, montes e praias preto de…
Isto resulta nunha cantidade acumulada próxima a 6 billóns de cabichas en todo o mundo. Todas e cada unha destas cabichas poden ter substancias tóxicas como hidrocarburos policíclicos aromáticos, nicotina, arsénico e outros metais pesados.
As substancias químicas nas cabichas de cigarro poden ser os elementos orixinais dos cigarros e os resultantes na súa combustión. Os filtros de cigarro, deseñados para reter substancias nocivas presentes no fume do tabaco, vólvense nocivos unha vez lanzados ao chan.