Nas aulas de 3 anos viaxamos no tempo para coñecer os nosos antepasados: os castrexos e castrexas.
Para dar comezo ao proxecto, partimos do álbum ilustrado Cando vivíamos nos castros, que forma parte da colección Os Bolechas: Historia de Galicia., de Pepe Carreiro. Tamén ten versión audiovisual que puidemos ver a través da plataforma Xabarín TV. A partir de aí, e para coñecer os intereses do alumnado, propuxemos 3 preguntas:
Que sabemos?
Que queremos saber?
Como o sabemos?
Destas cuestións xurdiron unha morea de hipóteses. suposicións, ideas... Así que puxémonos mans á obra para coñecer todo o que puidéramos dos castrexos e das castrexas.
Para seguir investigando acerca do tema, empregamos internet para procurar diferentes aspectos que tiñamos curiosidade.
Buscamos como eran os castros, donde estaban e cales eran os que tiñamos máis cerca.
Tamén buscamos cales eran as súas vestimentas, xa que se aproximaba o entroido e queríamos disfrazarnos de castrexos e castrexas. Para realiar os nosos disfraces fixemos un obradoiro coas familias no que disfrutamos dunha xornada de convivencia e convertémonos por un día en costureiros e costureiras!
Investigando descubrimos que levaban xoias de ouro, así que puxémonos mans á obra para facer as nosas propias.
Os castrexos e castrexas tiñan que facer todo eles, dende buscar alimentos ata fabricar a súa propia louza. É por elo que seguimos os seus pasos e fixemos unha ola de barro!
Con toda a información recadada, chegou o día de converternos en castrexos e castrexas. E para finalizar o proxecto, visitamos o Monte do Castro, visualizando todo o aprendido durante estes meses.
https://drive.google.com/drive/folders/1N9k6uLHEbb23HFxhh680jMCP1nG0jInl?usp=drive_link
PROXECTO “OS CATROS”
EN 4 ANOS
Este curso escolar, o alumnado de 4 anos viaxamos, na máquina do tempo, ó mundo castrexo, que forma parte directa da nosa cultura, e que se achega a lendas celtas que enchen de maxia e encanto esta aventura.
Partindo dos contos da colección dos Bolechas: Os Bolechas queren saber como é un castro e Cando vivíamos nos castros, iniciamos este percorrido.
Unha actividade de motivación, foi a colocación da maqueta dun castro na aula para que observasen as características que tiña e a comparasen coa nosa vila. Descubriron diferenzas nas vivendas, na embarcación, nas rúas, etc., que nos serviron para traballar a posteriori na creación dun lapbook.
Ademais, durante o Entroido, elaboramos un disfrace coas roupas características dos castrexos e castrexas, e moldeamos xoias coas que engalanarnos para o desfile por Cambados.
Ó lapbook, mencionado antes, engadimos a súa alimentación obtida do mar e da terra, os animais domésticos cos que convivían, os oficios que se realizaban, o que había dentro das vivendas e seleccionamos oito dos castros máis importantes, repartidos por toda Galicia, entre outras cousas.
Como actividade final de curso, visitamos o Monte do Castro en Ribadumia, onde puideron relacionar todo o estudado coa realidade que nos rodea.
https://drive.google.com/drive/folders/1TsGHrysyRP4AKvlKtB5vYLuSGFlM6yBb?usp=sharing
O alumnado de 5 anos afondou mais na cultura castrexa, prestando atención á súa forma de vida (traballo, organización dos castros e vivendas, alimentación, vestimenta…).
Os nenos e nenas investigaron toda esta información na casa e posteriormente fixeron exposicións orais do traballo realizado.
Unha vez feitas as exposicións orais, reflexamos en papel toda a información recollida.
https://drive.google.com/drive/folders/1zHGOWHHjhrDgL-q8laStmdal5CWVK5GK