As Sete Marabillas do Mundo
As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria realizarán unha andaina no tempo a través das Sete Marabillas do Mundo. Durante o primeiro trimestre coñecerán as construccións do "mundo antigo" e, durante o segundo, os monumentos que integran a lista do "mundo moderno". A medida que vaian descubrindo e aprendendo información, irán elaborando unha gran liña do tempo nun dos corredores a modo de resumo. Finalmente, dedicarán o terceiro e último trimestre á elaboración do produto final do seu proxecto.