MATEMÁTICAS

OBRADOIRO DE XADREZ

O xadrez xa tiña varios adeptos entre o alumnado do 3º ciclo, mais a aparición deste xogo na novela de "Harry Potter e a Pedra Filosofal" fixo que despertase aínda máis o interese de moitos nenos e nenas por esta disciplina. Tal foi o éxito e a demanda que facía que o alumnado sobre o xadrez que nos tivemos que poñer en contacto con expertos no tema para poder axudar aos rapaces e rapazas.

Deste xeito xurdiron os obradoiros semanais de xadrez, impartidos por ______________ durante unha das sesións de Matemáticas, empregando así este xogo como medio para traballar o pensamento computacional.


TRABALLANDO OS MÚLTIPLOS

A saga de Harry Potter e o éxito dela entre o alumnado do 3º ciclo permitiunos traballar dende as diferentes áreas empregando un fío condutor común que fose motivador para as nenas e nenos.

Neste caso, unha das actividades realizadas dende a área de Matemáticas foi empregar o número de veces que se mencionan os diferentes obxectos máxicos pertencentes ao mundo máxico ao longo dos sete libros de J.K. Rowling para traballar os criterios de divisibilidade.

CRITERIO DIVISIBILIDAD DEL 3.pdf