2º TRIMESTRE:

 Guión cinematográfico

ELIXIMOS A ESCENA A GRAVAR

Despois de ler a obra e ver a película, comezamos o segundo trimestre elixindo a escena iamos a gravar a finais de curso. O primeiro que fixemos foi reflexionar sobre que aspectos debiamos ter en conta á hora de propoñer unha posible secuencia (número de personaxes, localización, decoración e vestiario necesarios, etc.). Unha vez que tivemos esto claro, empregamos a dinámica de traballo cooperativo 1-2-4 para obter unha proposta por cada equipo, a cal cada grupo tivo que defender ante o resto da aula.

A continuación, xuntamos as propostas de cada aula (e observamos que varias coincidían) e realizamos unha votación entre todo o alumnado do nivel para ver cal era a opción máis apoiada. As nenas e nenos de optaron por realizar este proceso empregando a pizarra da aula, mentres que as e os de preferiron votar a través dunha escolla na plataforma EVA.

ELABORAMOS O GUIÓN DA CURTA 

Á volta do Entroido, cando xa tivemos claro que escena ía a gravar cada nivel, analizamos un exemplo de guión cinematrográfico real para ver as súas características (estrutura, termos empregados, aspectos paratextuais, etc.). Cunha idea aproximada de como sería un guión dunha curtametraxe, pasamos a redactar os nosos. Creamos un documento compartido e, nos dez últimos minutos de cada clase, redactabamos as accións e os diálogos en gran grupo, proxectando o documento na pantalla dixital.

Por aquí vos deixamos o resultado final de cada nivel:

GUIÓN DE 5º

Andén 9 e 3/4

GUIÓN DE 6º

Ceremonia de Selección

FORMÁMONOS NO TEMA DO ESTUDO DUN GUIÓN

No final deste segundo trimestre, tivemos a sorte de poder contar no noso centro coa visita dunha ex-alumna do mesmo que, a día de hoxe, é unha das futuras promesas da interpretación da nosa comunidade: Marta Costa. Entre outras moitas cousas, Marta faloulles de como son os procesos de casting, do formato dos guións dunha película ou serie, da forma de abordar o seu estudo, dos diferentes métodos de interpretación... 

Aquí tedes a entrada no blogue da nosa biblioteca, onde poderedes atopar imaxes da entrevista que lle realizamos.