Vida laboral

Un dos seus inicios no mundo laboral foi en Madrid: antes había empresas que ían polas universidades buscando xente e facendo enquisas, ela en quinto de carreira tivo a oportunidade de participar nalgúns proxectos que lle permitiron coñecer o mundo laborar e ter os primeiros contactos con empresas tecnolóxicas.

A súa formación en física axudoulle para a tecnoloxía en moitas cousas: por exemplo en estruturar o razoamento, as carreiras fórmanse nun xeito tanto de pensar e de afrontar os problemas de como buscar a resposta axeitada.

O seu primeiro traballo estaba mais orientado ao ámbito da electrónica (INISEL). Sempre traballou na tecnoloxía pero en diferentes ámbitos, primeiro traballou no ámbito empresarial aplicando a tecnoloxía ao mundo industrial e despois seguiu traballando na tecnoloxía pero no ámbito de saúde, agora dedicase a moitos ámbitos, o ámbito da xustiza, o mundo colectivo,etc…

Nos os seus comenzos na administración traballou máis en postos técnicos. Na tecnoloxía trabállase moito por proxectos, quere dicir que hai que resolver os problemas mas con mais xente en diferentes ámbitos coma no ámbito de correos, no ámbito industrial, etc… Desde o ano 2005 tivo postos de responsabilidade na administración sendo Subdirectora Xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos da Consellería.

No SERGAS (Servizo Galego de Saúde) empezou a traballar de técnica de proxectos e polo 2009 tiña posibilidade de levar a cavo un proxecto importante en Galicia: O que fixeran na sanidade de levar a tecnoloxía, o levasen os diferentes ámbitos como a educación, a xustiza, as administracións públicas, as empresas, a xente, etc... Pareceulle un proxecto moi ilusionante, neso levan oito anos fedellando para intentar fulminar estas iniciativas que temos en marcha.

No SERGAS ela destacaría o proxecto IANUS e en AMTEGA traballan moito en mellorar a conectividade en Galicia porque hai moitos pobos pequenos que están pola montaña e se llles fai mais complicado chegar aos postes de comunicación. Tamén intentan mellorar as comunicacións nos coles: que teñan unha boa rede e tamén en que os rapaces teñan ordenadores e poidan traballar con contidos dixitais. O proxecto ABALAR. Na xustiza hai un proxecto moi importante e tamén no ámbito do turismo.