Maio, no mes de María… vístete de festa!

“Aí vén o maio de flores cuberto…” como dicía o poeta, e colleunos un pouco de imprevisto. Chegou o mes das flores, das festas, do bo tempo... o mes de María, e pillounos sen xeito nin modo, co cole medio pechado e atarefados en fases e desescaladas.

Por iso, as festas do cole deste curso serán especiais. Non decoraremos o patio, nin adornaremos as clases. Non encheremos o pavillón de xogos o venres, nin a Igrexa na eucaristía do día 24, pero temos máis ganas e motivos de celebración que nunca.

Programa das Festas Colexiais

Pincha no elemento do programa para acceder a máis información ou á web na que se publica! Irémolos actualizando

De luns a xoves.

  • Vístete de Festa: Envíanos fotos vestido de festa.

  • XOGOS A CONTRA B : O tradicional concurso A contra B, este ano on line...

Venres 22- Gran Festa Colexial.

XA POLA TARDE:

  • 17:00 - 18:00h ESCAPE ROOM VIRTUAL: de 1º ESO a 2º BACH.

  • 19:00 - 20:00h GRAN VERBENA ON LINE. Organizada dende Abertal.

RESULTADOS DAS PROBAS DE A CONTRA B de E.P. - ESO - BACH

Ganadores A-B.mp4
Susana AcontraB resultados.mp4

Novena de María Auxiliadora

Vídeo 2ºA ‐ María Auxiliadora.mp4