Exposición "Libros no Outono"

Exposición elaborada pola Dª. María Xosé Molina Blanco, profesora encargada da Biblioteca

A necesidade de fomentar o hábito lector do noso alumnado, pasa por converter  a biblioteca do instituto nun dinámico centro de recursos. Neste contexto, organizouse  unha pequena exposición  onde, baixo un decorado de diferentes  follas e froitos do outono, exponse unha colección de libros. A exposición, ademais de ter como obxectivo difundir algúns títulos concretos, pretende fundamentalmente, e como primeiro paso, animar ao alumnado a utilizar a  biblioteca escolar,  xa que está situada nun andar pouco concorrido polo alumnado.