GALEGO

Un dos grandes obxectivos dentro da ensinanza da nosa lingua é a oralidade. Unha lingua morre se non se fala e nada hai máis práctico para o uso da lingua que unha radio.

Dentro do proxecto de "Educando nas Ondas" deremos prioridade ao uso da lingua galega pero sen desbotar as demais que se empregan na ensinanza dentro do cole como o castelán, inglés ou francés.

FALANDO CLARIÑO!

Programas sobre curiosidades sobre a nosa lingua.

POLO MUNDO ADIANTE

Monográficos sobre lugares a visitar en Galicia e fóra dela.

OS NOSOS DEVANCEIROS

Programa sobre persoeiros importantes en Galicia.