Educando nas Ondas

Radio Escolar
Compañía de María-Ferrol

Benvidos e benvidas a unha nova etapa no proxecto da Radio Escolar do cole!

Comezamos esta nova andaina con enerxías renovadas e cun equipo de coordinación máis amplo para que todos os que queirades demostrar as vosas dotes de locutores o poidades facer. Animádesvos?

NOVAS

Estreamos novo equipamento!

Grazas ao premio acadado no Certame Irmán Reboiras do ano 2022 co proxecto "O Meniño Rei" e a colaboración do ANPA do colexio, puidemos renovar o equipamento da radio e adquirir unha mesa de son nova, pés de micro, auriculares, cableado, antipops e uns novos micrófonos que serán para uso exclusivo da radio escolar.

MATERIAL MERCADO CO PREMIO: 330€

1 x MESA VONYX KG-10

5 x MICRO EK DM 100

3 x OQAN QMS011-TC

MATERIAL MERCADO POLO ANPA: 100€

5 x ANTIPOPS CORES

CONECTORES

3 x OQAN QHP10

5 x CABLES XLR 

3 x PINZAS APM20