BISCOITO BAIXO EN COLESTEROL

Por Lucas Varela

Ingredientes


-3 ovos

-300g azucre

-150g Flora ProActiv ( materia graxa vexetal)

-200ml preparado líquido de soia de cocinar

-75g fariña integral

-225g fariña de forza

-1 sobre levadura





Preparación

Vanse engadindo os ingredientes nun bol mentres se bate con variñas: a Flora ProActiv derretida e a fariña tamizada.


Introdúcese nun molde forrado con papel de forno e ponse unha capa fina de sementes de sésamo na superficie.


Meter no forno quente previamente a 180º (sen ventilador) durante 45-50 minutos.


Antes de sacar do forno, pinchar cun pauciño ou cun coitelo para ver se está feito: estará listo cando saquemos o obxecto limpo, sen restos de masa. E xa está feito.

Esperar a que arrefríe e…

A comer con xeito!

Tortilla de patacas

Esta é unha receita tradicional de Sandra (nai de Luqui) que tivemos o pracer de probala. Podemos asegurar que está riquísima, por iso queremos compartila con vós.

INGREDIENTES (para catro persoas)

-Dúas patacas grandes

-Seis ovos da casa

-Abundante aceite virxe extra para fritir as patacas

-Un chorro de leite




Elaboración:

1º Botar os ovos nun bol, cun pouco de sal na xema, batemos mentres que agregamos o chorro de leite e mesturámolo todo.

2º Pelamos as patacas, cortámolas e metémolas nun bol con aceite quente.

3º Cando as patacas estean fritas e escorrer vertémolas no bol cos ovos.

4º Mesturamos e botamos nunha tixola cun pouco de aceite a lume medio, douramos por un lado. Cando estea a noso gusto coa axuda dunha viradeira ou prato dámoslle a volta e douramos ao noso gusto polo outro lado.

5º Sacamos da tixola, poñémola nunha fonte adornada e... a gozar!!!!!!!!!!!

Por Luqui, Carme, Pablo e Cayetana

Macaróns de xeado de coco


Ingredientes macaróns:

  • 60 g de améndoa moída

  • 140 g de azucre glas

  • Unha cullerada de coco relado

  • 2 claras de ovo (60g)

  • 20 g de azucre

  • Un belisco de sal


Ingredientes xeado de coco:

  • 100 g de azucre glas

  • 400 g de leite de coco conxelada en dadiños

  • 1 clara de ovo pasteurizada




Pasos


  1. Forrar dúas bandezas con papel de forno e reserve.


  1. Poñer un bol sobre a tapa, pese as améndoas moídas e o azucre glas, e engada media cullerada de coco relado. Mesture moi ben cunhas variñas batedoras, para que quede moi integrado.

  2. Remover coa pa bolboreta e poñer ,as claras de ovo o azucrazucre e o sal. Remover ata obter un merengue brillante e firme ( tamén se pode facer na Termomix, variñas eléctricas…). Retirar inmediatamente a un bol no caso dos aparellos anteriores, engadir un terzo da mestura de améndoa e, con axuda dunha espátula mesture delicadamente con movementos envolventes.

  3. Incorporar outro terzo da mestura de améndoa, de novo delicadamente coa espátula. Rematar engadindo o resto da mestura de améndoa delicadamente, verter nunha manga pasteleira con boquiña lisa de 1 centímetro.

  4. Formar nas bandexas preparadas botóns de de 2cm separados entre si para que non se peguen. Golpee lixeramente as bandexas sobre a encimeira para nivelalos. Esparexer media cullerada de de coco relado a beliscos no centro de cada botón de merengue. Déixeos repousar entre 30m unha hora para que formen costra ( tense que poder tocar sen que se pegue a masa ao dedo)

  5. Quentar previamente o forno a 150ºC.

  6. Meta no forno cada bandexa durante 10-12 minutos e deixe arrefiar os macaróns nas bandexas onde se fixeron. Cando estean a temperatura ambiente, métaos durante 10 minutos no conxelador antes de enchelos.




Xeado de coco


  1. Poñer no vaso o azucre glas e 200 g de dadiños de leite de coco conxelada. Triturar coa batieora 30 segundos aprox.

  2. Agregue a clara e os outros 200 g de leite conxelado e triture outros 30 segundos movendo a espátula de lado a lado para conseguir unha trituración uniforme.

  3. Bater coas bolboretas un minuto. Retirar a un recipiente hermético e reservar no conxelador.



Montaxe dos macaróns

  1. Poñer unha culleriña de xeado de coco sobre a metade dos macaróns e tapalos coa outra metade de macaróns, apoiando a base sobre o xeado colocado na outra metade. Reserve no conxelador e saque 5 minutos antes de servir.


Adri R., Lola, Enol e Jesús

Rosquillas

Ingredientes:

  • Aceite

  • Agua

  • Harina

  • Huevos

  • Royal

  • Una pizca de sal

  • Un chorro de anís

Procedimiento:


  • Se rompen los huevos y se baten un poco.

  • Se les echa un chorro de anís y una pizca de sal.

  • Se vuelven a batir los huevos.

  • Se les echa harina y un poco de Royal.

  • Por cada dos huevos, se echa una cucharada de aceite.

  • Se agrega la harina correspondiente y se deja reposar una hora.

  • Se hacen las rosquillas y se fríen.

  • Por último, se bañan las rosquillas en un almíbar echo con agua y azúcar.

Por Hugo, Ainara y Julián Segura