ACTIVIDADES DE RECICLAXE.
Ao longo do curso lectivo, o alumnado realizou diferentes actividades de reciclaxe, e sempre tendo como obxectivos a adquisición destes bos hábitos por parte do alumnado e que estas boas prácticas se faigan extensivas ás familias e á vida cotiá.
ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN 1: A NOSA CONTORNA.
No mes de outubro, o alumnado realizou unha práctica de actividades no medio natural no monte de San Roque de Viveiro na que participaron os Departamentos de Educación Física e Bioloxía. Neste lugar, puideron observar a variedade de flora, así como as características do terreo. Ao mesmo tempo, fixemos unha posta en común sobre a necesidade de coidar e preservar a Natureza en xeral e a nosa contorna en particular, vencellando tamén estes contidos á práctica de exercicio físico no medio natural.
Estas son algunhas imaxes do lugar onde realizamos esta actividade:
ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN 2: INFOGRAFÍAS.
O noso alumnado realizou diversas infografías nas actividades de concienciación e difusión sobre o coidado e a preservación do medio natural. Aquí podedes ver algunhas delas:
PLANTACIÓN DE ÁRBORES E FLORES NO ENTORNO NATURAL PROPIO DO IES VILAR PONTE.
O alumnado dos diferentes cursos participou na plantación de diversas árbores e flores no entorno natural propio do instituto.
Esta actividade desenvolveuse a principios de maio, aproveitando o bo tempo.
Aquí podedes ver algunhas fotografías.