Convocatoria das votacións para o cambio de xornada escolar.

Nesta páxina informaremos de todo o que teña que ver co proceso de votacións para o cambio de xornada escolar no Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova.

Resolución favorable á xornada lectiva en sesión única de mañá.

O horario de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria ESO permanecerán sen modificación nun periodo de tres anos académicos.

O procedemento que iniciamos regúlase polo DOGA 06.06.200

Poden consultalo no seguinte enlace DOGA 06.06.2008

Os pasos principais a levar adiante son os seguintes:

  1. Solicitude ante a Xefatura Territorial no mes de febreiro do ano anterior ao curso no que se quere facer a modificación.

  2. É necesario fixar unha data para as votacións. Un mes antes da data sinalada para as votacións dos pais/nais é preciso facer unha campaña informativa entre os pais/nais sobre a implementación da xornada única e informando sobre o plan específico de actividades extraescolares. Dez días antes da data de votación hai que expoñer o censo electoral e despois do día da votación haberá que deixar 5 días hábiles para reclamacións sobre o censo.

  3. O plan específico de actividades extraescolares ten que estar aprobado previamente en Consello Escolar e incluirase na programación anual do curso de implementación da Xornada Única.

  4. Para a aprobación, precísase o 3/5 de votos favorables do Consello Escolar, o 3/5 do claustro docente e do 58% dos pais/nais.

  5. Unha vez aprobada a implantación non se poderá modificar de novo a xornada durante 3 cursos.

COMUNICADO DO RESULTADO DAS VOTACIÓNS DOS DIFERENTES SECTORES

VOTACIÓNS PARA O CAMBIO DE XORNADA ESCOLAR correspondente aos ensinos sostidos con fondos públicos de Segundo Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.

AVISO IMPORTANTE: AS LISTAS DO CENSO ELECTORAL E O PLAN DE ACTIVIDADES XA ESTÁN PUBLICADAS NA PORTA PRINCIPAL DO COLEXIO.