Permisos da aplicación
- Localización: Para mostrar a túa posición no mapa.
- Almacenamento externo: Para gardar e xestionar os teus favoritos.
- Internet e rede: Para descargar os horarios e os mapas.
Xestión dos datos
- Por norma xeral, os datos creados polo uso da aplicación gárdanse de forma local.
- Para as funcións de localización, envíanse aos servidores de Google os datos necesarios para obter a posición do usuario. Este proceso é xestionado pola "API" de Google Maps, polo que non depende directamente da aplicación.
- Para obter os horarios en tempo real, o código da parada seleccionada é enviado como parte dunha petición á aplicación web de Vitrasa que os proporciona.
- De cara a mellorar a experiencia do usuario, información anónima sobre o uso da aplicación é enviada ao servidor de AdMob (de Google).
Política de privacidade de Google (en castelán): https://www.google.com/intl/es/policies/privacy/index.html