A Facultade de Humanidades da USC será a sede do VI Congreso de Xuíces de Atletismo, que se celebra por primeira vez na cidade de Lugo.
A celebración deste congreso na Facultade de Humanidades da USC pon en valor o compromiso da universidade co deporte, coa formación continua e coa proxección de Lugo como un das cidades referentes do atletismo galego.
O VI Congreso de Xuíces de atletismo terá lugar no Auditorio da Facultade de Humanidades da USC - Campus de Lugo.
Tren
Estación de tren de Lugo, con conexión de alta velocidade con Madrid (4h). Consultar horarios na web de RENFE.
Avión
Aeroporto de A Coruña (LCG). Conexión de autobús dende o centro de A Coruña a Lugo (duración 1:10h).
Aeroporto de Santiago de Compostela (SCQ). Conexión con autobús dende o centro de Santiago a Lugo (duración 1h15).
Ver horarios autobuses https://www.bus.gal/es
Autobús
Conexións con diferentes cidades españolas en autobús. Consultar horarios en https://www.alsa.es
Coche
Conexión directa por autovía A6. Aparcamento gratuito nas instalacións da facultade.