Camiño Portugués

Esta ruta cobrou importancia. partir do século XII, tras a independencia de Portugal. Actualmente, é a ruta xacobea máis transitada, despois do Camiño Francés.

O seu itinerario discorre de sur a norte e pasa por Lisboa, Santarém, Coímbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima, e Valença do Minho e entra en Galicia por Tui, localidade onde se di que o apóstolo chegou a predicar.

A relevancia do Fenómeno xacobeo foi tal que a rede viaria portuguesa trazou a súa configuración seguindo o percorrido do Camiño Portugués cara a Galicia.

Camiño Francés

É a ruta máis transitada a partir do século XI. Nela conflúen as catro principais vías de peregrinación que proveñen de Europa e atravesan Francia, para unirse en Puente la Reina nun itinerario único que cruza a Península Ibérica ata Santiago. Transitaron peregrinos procedentes de toda Europa, o que xerou un forte desenvolvemento económico, social, artístico y cultural.

Fíxose aínda máis popular a partires do século XII, cando o monxe francés Picaud escribiu o Códice Calixtino, que se considera a primeira guía detallada do Camiño de Santiago, onde se decribe a ruta polo miúdo e onde se inclúen santuarios, hospitais para peregrinos ou albergues, outros aspectos relativos aos costumes dos lugares ou o carácter das xentes.