O metrominuto é un mapa ou plano sinóptico que mide as distancias entre varios puntos e os tempos medios que se tarda en desprazarse por eles. Pero tamén é un elemento que naceu para promover o hábito de camiñar. Xurdiu como o resultado de un laboratorio de ideas sobre melloras urbanas e de mobilidade en Pontevedra.