A infografía é unha representación visual informativa ou diagrama de texto
A presentación gráfica figurativa envolve ou glosa os textos concretos e pode ou non adoptar a forma dunha secuencia animada, podendo incluír sons.
De intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información graficamente de forma máis dinámica, viva e imaxinativa que a meramente tipográfica. Aos documentos elaborados con esta técnica denomínallos infogramas. É unha moi boa maneira de aprender porque ao ter imaxes facilítase a memorización do tema ou temas.