Tarefas 17/18

Produto final dos grupos

Un blog ou sitio web que trate sobre a seguridade informática e a privacidade. Debe ter ademais un artigo ou unha páxina no que se expliquen as características da web 2.0

Requerimentos mínimos:

  • Dúas páxinas estáticas
  • Cinco entradas etiquetadas
  • Unha imaxes CC, dominio público ou de elaboración propia nas entradas que só teñan texto
  • Un vídeo incrustado nunha entrada ou páxina
  • Ligazón a un documento de Drive colaborativo con información (ver tarefa de ameazas e seguridade na aula virtual)
  • Presentación colaborativa incrustada (ver tarefa de ameazas e seguridade na aula virtual)
  • Enlazar un cuestionario (que analice os coñecementos dos lectores por exemplo)
  • Mapa conceptual incrustado ou enlazado (ver tarefa de deseño de seguridade na aula virtual)
  • Xeolocalizacións con Maps, rutas significativas ou mapas persoalizados
  • Dous gadgets laterais


Ter en conta

Non se pode copiar literalmente nada de internet. Facer artigos breves de elaboración propia.

Se houbese que facer algunga cita: as liñas copiadas irán en cursiva entre comiñas e indicarase a fonte entre parénteses e con ligazón.

As imaxes deben ser libres e levarán un pé de imaxe co autor e ligazón

Non se gardará nada no ordenador, unicamente se usarán ferramentes online

Os traballos en Drive que se publiquen na web deben estar compartidos e editados por todo o grupo