Calendario de Conciertos
Las últimas novedades de los conciertos en el Trooper estarán siempre en nuestro Facebook e Instagram, intentaremos tener esta página actualizada, pero por si acaso consultad siempre el calendario de eventos de la cuenta del Trooper en Facebook.
Ollo ó evento, o sábado 18 de xullo temos doble sesión de garaxe e punk, co desembarco de BICO!! e o retorno dos BAR BAN SÓNICOS!!!
O trío de rock BICO!!, que bebe do garaxe-punk, do rock & roll pero sobre todo das botellas de viño, tráenos o seu primeiro traballo, "Aínda dis-funcionais?", grabado nos estudios Bonham de A Coruña.
A formación está composta por Xurxo Esquío (guitarra e berros), Cipri (maltratador de cordas e benfeitor de tabernas) e Beti (batería e raíña das ondas), músicos con amplia traxectoria noutras bandas.
Rock, punk, garaxe, temas de dous minutos e un intenso directo, o nos que gusta por aquí, vamos.
Os BAR BAN SÓNICOS volven ó Trooper. Este trío de garaxe punk de A Pobra do Caramiñal chega a Cangas cun amplo repertorio de temas propios en galego, incluíndo os do seu último disco: "𝑀𝑖𝑟𝑎𝑛𝑑𝑜 𝑎 ℎ𝑒𝑟𝑏𝑎 𝑚𝑒𝑑𝑟𝑎𝑟".
Se queredes escoitar punk, garaxe, rock pero sobre todo, pasalo ben, anotade o día na axenda, e moito mellor que ler este rollo é que os escoitedes, vémonos no concerto!
BICO
https://bicorock.bandcamp.com/
https://soundcloud.com/bicorock
https://www.youtube.com/@xesquio
https://open.spotify.com/artist/0hi2lBJ2wFgq0YoGZ4wfbd
BARBANSÓNICOS
https://osbarbansonicos.bandcamp.com/
Sábado 18 de xullo ás 22:00 horas (apertura de portas ás 21:30 horas)
Entrada: 10 euros
Atentos, porque o sábado 25 de xulio teremos festa do metal en Cangas!
Namentres outros andan botando foguetes, por aquí teremos o mellor metal da ría, con MONDO PODRE e LOST THERAPY! Noche de blasts e breaks no Trooper a cargo de:
𝗠𝗢𝗡𝗗𝗢 𝗣𝗢𝗗𝗥𝗘
Banda de grind-death técnico con moitas cordas e dereito adquirido a usalas.
A banda de Espasa (baixo), Damián (batería) Gabri (voz) e Cristian (guitarras), curtidos en bandas como La Hija Del Carroñero, Empty, Akouphenom o Cruzeiro, traen un bo repertorio de temas propios cos que reventar o Trooper.
𝗟𝗢𝗦𝗧 𝗧𝗛𝗘𝗥𝗔𝗣𝗬
Metalcore de kilómetro cero, héroes locais do metal morrázico e vellos coñecidos do local, riffs pesados, breakdowns intensos e un son directo e potente.
Sábado 25 de xullo ás 22:00 horas (apertura de portas ás 21:30 horas)
Entrada: 10 euros