SEMENTA CAMIÑO: O CAMIÑO DE SANTIAGO NO SAN PEDRO DE VISMA
Descarga a imaxe (PULSA AQUÍ) para colorear e fai que a túa alimentación sexa máis saudable.
Fai a túa receta saudable da merenda e envia a foto ao teu mestre de Psicomotricidade.
Escolle o teu estilo e a mover o esqueleto sen parar.
Queres poñerte en forma mentres bailas? Esta é a túa opción.
Baila con Super Mario, co monkey dance...
Muiñeira con HIP-HOP, break dance...
Muiñeira con HIP-HOP, break dance...
Esta semana os malabares chegan a San Pedro de Visma.
Se queres ser un gran malabarista vas ter que entrenar moito.
Esta semana faremos figuras co noso corpo. Temos a base de facer figuras de Ioga (videos de Ioga con animais e Ioga no mar), polo que agora avanzaremos para facer máis figuras. Pódense facer no chan ou de pé con axudas. Para todas as actividades recorda usar a túa imaxinación e creatividade.
Propoñemos facer:
Pulsa na palabara alfabeto para descargar a imaxe das letras feitas co corpo. Podes facelo no chan ou de pé.
Pincha a continuación para ver:
CADRADO,CÍRCULO, TRIÁNGULO, RECTÁNGULO
Pódense completar figuras con materiais (coxín, manta...)
Para colaborar cas actividades da biblioteca e o mesmo tempo mellorar as hablidades motrices, presentamos unha serie de xogos tradicionais que se poden adaptar para facer nas vosas casas.
3 en raia na mesa
3 en raia no chan
Mariola
O xogo da estrela
As posturas dos animais mariños
Estar activos é moi importante pero relaxarnos tamén
Para este reto necesitamos varios pares de zapatos que teñamos na casa. Unha vez que teñamos os zapatos colocarémolos de diferentes formas, un par, un só zapato, en diferentes direccións...
O obxectivo é o de ir buscar un peluche que está ao final do pasillo dos zapatos. Para chegar ata o peluche temos que pasar saltando e pisando no chan cos nosos pés no mesmo sentido e colocación dos zapatos.
Presento un circuito de adestramento para a casa. Este circuito está adaptado das clases de Educación Física en 6º de Educación Primaria. Parto dun circuito feito xa na clase para que o meu alumnado estea familiarizado, e así ir introducindo variantes para realizar este circuito cada un na súas casas.
Para poder ver as instruccións do circuito hai que pulsar no FITBALL que está no centro do salón. Para seguir o ciruíto hai que ir pulsando nos números seguindo a orde de 1 ata o 10.
Pode ser un bo momento para apreder a atarnos os cordóns.