6º primaria
uno ef
Compartimos esta actividade para facer en familia. Neste xogo de mesa podemos ver un abanico de diferentes aspectos traballados ata o día de hoxe en Educación Física.
Pódese descargar e imprimir ou usar unha baralla española ou francesa adaptándose as normas de este xogo.
XOGOS DO MUNDO
Alimentación saudable. Sesión 25/05/2020
investiga e crea a túa pirámide ou prato saudable
Hábitos saudables = Alimentación Saudable + Práctica de Actividade Física
Pulsa na imaxe para acceder a información
Crea unha INFOGRAFÍA E COMPARTE CO MESTRE FABI
crea a túa merenda saudable
Fai a túa receita saudable da merenda e envia foto e descrición ao mestre FABI spvfabian@gmail.com
Pincha na imaxe para descargar o modelo da receita
semana do ritmo. sesión 18/05/2020
Esta semana toca mover o esqueleto. So tes que escoller o teu estilo e... A BAILAR!!!!!!
Queres poñerte en forma mentres bailas? Esta é a túa opción
Baila con Super Mario, co monkey dance...
Muiñeira con HIP-HOP, break dance...
O corpo tamén pode ser un intrumento. Mira e proba.
sESIÓN DE MALABARES. 11/05/2020
Esta semana practicaremos para converternos en auténticos malabaristas.
Constrúe as túas propias propias bolas de malabares, escolle o nivel de dificultade e a practicar.
SESIÓN 3: ACROSPORT
4-5-20
Pincha aquí: SESIÓN EN PDF para descargar ou imprimir a explicación da sesión.
FIGURAS ACROSPORT
Materiais para descargar e facer Acrosport. Pincha nas seguintes palabras:
SESIÓN 2. XOGOS TRADICIONAIS. 27-4-20
Pincha aquí para ver os xogos que comapartiron os vosos compañeiros e compañeiras: CADERNO XOGOS TRADICIONAIS SPV
Páxinas web de información:
Sesión 1. xogos tradicionais 20-4-20
Pincha aquí para ver a sesión escrita: SESIÓN EN PDF
Páxinas web de información:
Visita o Museo Etnolúdico de Galicia: MELGA
Calquera problema co video consultádenos.
circuito cfb familia
Presento un circuito de adestramento para a casa. Este circuito está adaptado das clases de Educación Física en 6º de Educación Primaria. Parto dun circuito feito xa na clase para que o meu alumnado estea familiarizado, e así ir introducindo variantes para realizar este circuito cada un na súas casas.
Para poder ver as instruccións do circuito hai que pulsar no FITBALL que está no centro do salón. Para seguir o ciruíto hai que ir pulsando nos números seguindo a orde de 1 ata o 10.
PRIMEIROS AUXILIOS NA CASA
TAREFA 1: CREA O TEU CARTEL DE PRIMEIROS AUXILIOS
Adxunto un pdf no que se indica toda información para a creación do cartel: material recortable, información, puntos importantes a tratar, etc.
TAREFA 2: CREA UN VIDEO DUNHA SITUACIÓN NA QUE FAGAS USO DOS PRIMEIROS AUXILIOS.
Para a creación do video deixaremos liberdade de creatividade a cada persona. De todas formas deixo varios arquivos nos que se dan diferentes casos onde se pode dar actuacións de primeiro auxilios.
As maniobras máis frecuentes a realizar son as de PLS (posición lateral de seguridade), RCP (reanimación cardio pulmonar), uso do DEA (desfibrilador externo automático) Maniobra de Heimlich (actuación ante atragantamentos).
reto con cartas
Reto na que se poñe en práctica a puntería e a estratexia.