APRENDENDO A FACER

GOMINOLAS SAUDABLES

Sabías de que están feitas as gominolas que habitualmente comes?. Mira o vídeo desta ligazón: https://youtu.be/ZEqqgNBAWjw

As gominolas industriais son doces feitos con subprodutos e desfeitos de animais mesturados con edulcorantes e colorantes, un engano á vista e ao paladar nada saudable.

CASIÑA PARA PAXAROS

Este vídeo titorial indica os pasos a seguir para construir unha casiña de madeira para os paxaros da túa contorna. Os paxaros non son obxectos de decoración senón seres vivos e sentintes coma nós, coas súas necesidades e experiencias, por iso non debemos pechalos en gaiolas, eles, coma o resto dos animais, teñen dereito a vivir en liberdade.

CAMAS PARA CANS

BioAgradable amósanos cómo facer unha camiña para o teu can reciclando un neumático usado. As rodas é un dos residuos que máis contamina e deste xeito contribuímos no coidado do medio ambiente e do noso animal compañeiro.

RECICLADO CON BOTELLAS

As botellas de plástico que tanto invaden o noso medio ambiente poden ter outro uso cun pouco de imaxinación. Debemos ser responsables na nosa xestión de residuos pois o lixo que xeneramos excede o límite que o noso planeta pode soportar.