CONCURSO DE MICROVÍDEOS

BASES DO CONCURSO

PARA A REALIZACIÓN DUN MICROVÍDEO SOBRE

PROTECCIÓN ANIMAL OU MEDIO AMBIENTE

1- OBXECTIVOS DO CONCURSO.

- Sensibilizar sobre a problemática do abandono e maltrato dos animais e promover a defensa dos mesmos. Concienciar sobre a realidade da degradación do medio ambiente causada polo humano.

- Condenar situacións, actitudes e prácticas que atentan contra o benestar dos animais e a conservación do medio ambiente.

- Favorecer unha actitude de respecto e solidariedade cara a outros individuos e de responsabilidade na nosa interacción co medio.

- Estimular a creatividade, a innovación e a participación en iniciativas de carácter social.

- Fomentar hábitos de observación, o espírito crítico e a capacidade de comunicar.


2- DESTINATARIOS.

Poderán participar no concurso, en dúas categorías, en grupo ou de xeito individual, todos aqueles estudantes (coas súas familias se o desexan), matriculados no IES Espiñeira durante o curso 2020/2021.


3- TEMA.

A temática do concurso é a protección dos animais e/ou a protección do medio ambiente polo que os vídeos presentados deberán ir vinculados á mesma.

A mensaxe dos vídeos será de sensibilización e concienciación de cara a unha destas opcións ou ambas, dado que as dúas son compatibles:

- Protección dos animais, para rexeitar o maltrato e o abandono ou para educar na consideración, o respecto e os dereitos que os animais deben posuír.

- Conservación do medio ambiente, para rexeitar o deterioro provocado polo ser humano ou para educar no respecto e o coidado que lle debemos ao noso planeta.


4- REQUISITOS DAS OBRAS.

a) Deberá incluir:

- Título de la campaña ( Semana Fauna no IES Espiñeira) nalgunha das escenas, ao comezo ou ao final do vídeo.

- Slogan ou mensaxe de concienciación.

- Créditos co nome dos/as participantes e curso.


b) Poderá ser realizado con calquera cámara de vídeo ( teléfono móbil ou videocámara), tendo en conta que deberán contar co tamaño, formato e calidade necesarios para poder amosalo.


c) A duración total do vídeo non poderá sobrepasar o minuto e medio (1' 30'' ).


d) Non deberá incluir, baixo ningún concepto, calquera tipo de contido ofensivo, especista, racista, homófobo, violento, degradante, discriminatorio ou que poda vulnerar a sensibilidade.

Os/as Organizadores/as poderán rexeitar unha obra cando consideren que ésta non cumpre cos requisitos esixidos nas presentes bases ou non acade os requisitos técnicos ou de calidade mínimos para ser amosada.


5- PRAZOS.

a) PRESENTACIÓN DAS OBRAS:

O prazo de admisión das obras será dende a publicación das presentes bases ata as 00:00 horas do venres 14 de maio de 2021, non sendo admitidas aquelas que se reciban fóra do prazo,


Antes desta data, os/as participantes subirán o vídeo na mellor calidade posible a calquera destas canles de reproducción: Youtube, Vimeo ou google Drive ( asegurándose de que estea con visibilidade OCULTO para que só o poidan ver e descargar os/as Organizadores/as) e enviarán a ligazón/s á dirección de correo electrónico animalprofe@gmail.com, indicando no asunto “Concurso microvídeos Semana Fauna”. No texto do correo deberán indicar, ademáis, os datos do/a concursante (nome, apelidos e curso).

Así mesmo, é preciso que os participantes expliquen brevemente en que consiste o seu proxecto e as motivacións e argumentos polos que cren que o seu vídeo aporta valor ao concurso.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, tanto individual como en equipo.


b) VOTACIÓNS E RESOLUCIÓN DO CONCURSO:

Os/as Organizadores/as subirán todos os vídeos á canle de youtube “Profes por los animales Espiñeira” durante a xornada do 15 de maio. Só alí poderán ser visualizados e votados, dende o momento da súa publicación ata as 20:00 horas do 21 de maio de 2020, cando se pecharán as votacións. Contarán como válidos os votos que se emitan antes da data e hora sinaladas.

Cada persoa só poderá emitir un voto entre todos os vídeos participantes do concurso.


6- AUTORÍA DAS OBRAS.

As obras presentadas deberán ser inéditas e non deberán supoñer, parcial ou completamente, copia ou plaxio doutras, xa sexan fotografías, vídeos ou pezas musicais xa publicadas en calquera das súas formas, exceptuando aquelas que non posúan dereitos de autor e/ou de libre distribución.


Os/As participantes que presentan o/os vídeo/os ceden os dereitos de modificación, difusión, distribución, exhibición, comunicación pública e reproducción, sen restricións. Nas reproducións posteriores polos/as organizadores/as do Concurso, mencionarase aos/ás autores/as da obra, sempre que non rexeiten este dereito.


7- PREMIOS.

Establécese un único premio formado por unha “cesta de produtos sostibles” e o correspondente diploma de vencedor/a.

Outorgaranse ademáis dous accésit para os dous seguintes clasificados, consistentes en:

- Diploma de finalista e paquete de regalos dos/as Organizadores/as.


O premio entregarase aos/ás gañadores/as una vez resolto o concurso.


8- XURADO.

Unha vez subidos e compartidos os vídeos na canle de youtube “Profes por los animales Espiñeira” o público poderá visualizalos e votar o mellor marcando en “Me gusta”.

A idea é compartir coa maior xente posible a través das redes sociais. Todos poderán votar e o vídeo que consiga un maior número de votos recibirá o Premio.


O fallo, tanto para os/as vencedores/as como para os/as finalistas gañadores/as do accésit, será comunicado por correo electrónico e publicado a través das redes sociais y da web das/as Organizadores/as.


9- CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OBRAS.

O xurado poderá avaliar os proxectos prestando atención á creatividade, a innovación e as oportunidades de difusión, pero sobre todo á transmisión da mensaxe e o impacto que puidese xerar na sociedade.

No caso de detectar algunha irregularidade na votación dun vídeo, este quedará automáticamente eliminado do concurso.

Calquera irregularidade ou violación destas normas comporta a descalificación inmediata do/a participante.


10- ACEPTACIÓN DAS BASES.

A participación no concurso implica o coñecemento e a aceptación das normas indicadas nestas bases (que poden ser consultadas na web do IES Espiñeira, www.espinheira.es, ou na súa conta de facebook) e o fallo do xurado. Calquera incumprimiento dos prazos ou procedementos reflectidos nestas bases privará ao participante de dereito aos premios.


Os/as participantes que presenten os vídeos ao concurso serán os/as únicos/as responsables dos seus contidos, garantizando que os mesmos cumpren con todos os requisitos legais, que non conteñan obras suxeitas a dereitos (a música ten que estar libre de dereitos ou autorizada baixo licencia Creative Commons; non se poden reproducir obras pictóricas ou audiovisuais que requiran a previa autorización dos seus titulares, etc.), que as persoas que aparecen no vídeo ou os seus representantes legais deron consentimento por escrito para usar a súa imaxe.


O IES Espiñeira non se fai responsable do uso non autorizado de música ou imaxes nos vídeos presentados, como tampouco do incumprimento ou cumprimiento defectuoso destas bases.


x-x-x-x-x-x-x-x-x