O cuestionario inicial cuberto polo profesorado do CEIP de Figueiroa, deixou ben patente a importancia que teñen emocións e sentimentos tanto nos VALORES que debe promover o noso PDI, coma nos OBXECTIVOS que queremos acadar.
Aspectos relativos á Educación Emocional dánse de xeito transversal na nosa práctica cotiá, e procuramos que sexan atendidos igualmente dende as propostas que fai o PDI.
Pero neste caso, pensamos que podemos dar mellor resposta ás necesidades expostas polos profes a través de PROGRAMAS de EDUCACIÓN EMOCIONAL.
Hai moitas e moi variadas propostas, pero de todas as revisadas atopamos 2 programas que ben poderían desenvolverse nas nosas aulas. Un é da Deputación de Gipuzkoa e outro de EduCaixa (tentei buscar algo no noso idioma, pero non fun quen. Se alguén sabe dalgunha experiencia que a comparta, por favor)
Picar nas imaxes para acceder a cada un dos programas.