R que R que R


Hai 4 anos, en 2015, 193 países_entre eles España_ asinaron o seu compromiso coa #Agenda2030 de #NacionesUnidas . So é posible un futuro viable a través dos 17 obxectivos do desenvolvemento sostible, porque cando xuntamos as nosas accións temos o poder de transformalo todo!

Consideramos de grande importancia fomentar dende a escola as actividades ligadas ao coidado da contorna e que as nenas e nenos se impliquen dende xa, pois o día de mañá o planeta estará nas súas mans .

Buscamos conciencialos sobre a problemática medioambiental a través de exemplos prácticos e con accións a pequena escala que se poidan aplicar a súa vida cotiá e fortalecer os valores medioambientais e sociais para conseguir un mundo máis xusto e igualitario.

Pero, limitarse a explicar valores, conceptos, conductas ... non servirá de nada se estes coñecementos non van acompañados do establecemento de boas prácticas ambientais e do desenvolvemento de habilidades e capacidades que os acompañen ao longo da súa vida.

Pasemos á acción!

As bibliotecas escolares tamén están comprometidas coa #Axenda2030, xa que traballan a prol dunha Educación de Calidade (Obxectivo 4) e tratan tamén de protexer e salvagardar o patrimonio cultural (Obxectivo 11.4). Ademais, a biblioteca, como espazo de compensación de desigualdades, proporciona un acceso igualitario á tecnoloxía da información e das comunicacións (Obxectivos 9c e 17.8)

PROXECTO ANUAL: “R que R que R”

Este ano o noso proxecto anual estará dedicado ao Desenvolvemento sustentable

Desenvolverase ao longo de todo o curso, traballando conxuntamente en todas as etapas educativas (infantil e primaria), coa colaboración e participación das familias.

Pretendemos con este proxecto crear ambientes de aprendizaxe significativo que estimulen a curiosidade e acapacidade de indagación, espertando no alumnado a curiosidade, a observación e as habilidades cognitivas de forma entretida.

Queremos que xs nenxs desfruten da lectura de diversos documentos: libros de ficción e libros informativos, reportaxes, noticias de prensa ... relacionadas co tema que nos ocupa e que vaian superando os retos que lles proporemos e realicen actividades de todo tipo que lles axuden a adquirir coñecementos.

Tamén terán que localizar información empregando diferentes fontes, terán que investigar, comparar distintas visións, e plasmar a súa creatividade oralmente e por escrito.

Utilizaremos as novas tecnoloxías para buscar e publicar a información empregando diferentes técnicas.

XUSTIFICACIÓN

A Terra, o noso planeta, require unha xestión sostible dos seus recursos. Todos e todas somos responsables (cada un na medida das súas posibilidades) de colaborar para que a Terra poida ser, para todos, un lugar habitable.

Non é unha tarefa sinxela. Son moitos os aspectos que hai que coidar e somos moitos os que temos de implicarnos nese cambio.

Non é posible ser neutral.

OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE

  • Fomentar actitudes responsables co medio ambiente na comunidade escolar.
  • Axudar aos centros a incorporar os valores da educación para a sostibilidade en todos os ámbitos da vida do centro e das familias.
  • Promover a participación activa da comunidade escolar na mellora do seu medio.
  • A participación activa do alumnado en cada unha das fases é unha peza fundamental no desenvolvemento dos proxectos. Son eles os que realizan a maior parte das tarefas, sempre baixo a dinamización dun docente.

· Valorar a importancia das diferentes fontes de enerxía, renovables e non renovables, para o desenvolvemento e o seu impacto na contorna

· Coñecer as consecuencias ambientais do consumo humano de enerxía.

· Coñecer e empregar medidas de aforro de enerxía no ámbito doméstico.

· Valorar a importancia do uso e xestión sostible dos recursos hídricos.

· Valorar o impacto das actividades humanas nos ecosistemas: coñecer os principais problemas ambientais derivados dos residuos e mellorar o tratamento dos residuos domésticos..

. Interiorizar as negativas consecuencias que, para o medio ambiente e a calidade de vida, trae consigo unha incorrecta xestión do lixo.

. Aprender os xestos básicos para consumir de forma responsable, para producir menos residuos, para alongar a vida útil dos produtos e para segregar o lixo por tipoloxías depositando os distintos materiais nos contedores axeitados e garantir así a súa posterior reciclaxe.

. Tomar conciencia de problemáticas específicas de plena actualidade ligadas ao abandono de lixo no medio natural, ao desperdicio alimentario e á contaminación mariña por plásticos e como contribuir a minimizar as súas consecuencias.

. Comprender a incidencia que ten calquera xesto, por pequeno que sexa, na protección ou degradación do medio ambiente.

. Implicarse de forma activa na formación e sensibilización dos seus achegados (familia, amigos, compañeiros, veciños, ....) respecto da sustentabilidade do planeta.

· Coñecer diferentes formas de recollida de información.

· Elaborar enquisas empregando Google docs

· Interpretar diagramas, gráficas e táboas estatísticas.

· Resolver problemas utilizando parámetros estatísticos.

· Aprender a utilizar os programas más frecuentes relacionados coa elaboración de textos, follas de cálculo e presentacións gráficas.

· Utilizar Internet para cubrir las necesidades de comunicación e busca de información.

· Manexar varias fontes de información.

· Realizar producións propias utilizando unha terminoloxía axeitada

· Recoñecer a importancia dos medios tecnolóxicos para obter e organizar a información

· Deseñar modelos e utilizar técnicas de resolución de problemas para obter conclusións ante un problema dado, traballando de forma individual e en equipo.

CONTRIBUCIÓN ao DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS

1.Competencia en comunicación lingüística, a través de lecturas comentadas, debates e postas en común.

2. Competencia matemática, co estudio da estatística.

3. Competencia en el coñecemento e interacción co mundo físico, analizando o

impacto da vida humana no medio ambiente.

4. Tratamento da información e competencia dixital, utilizando Internet como fonte de información, follas de cálculo, editores de textos e de presentacións.

5. Competencia social e cidadán, dando importancia ao traballo en grupo, valorando as boas relaciones interpersoais.

6. Competencia cultural e artística, coidando a presentación de todos os traballos que realicemos.

7. Competencia para aprender a aprender, ofrecendo posibilidades de ampliación de coñecementos, aportando ideas para un aprendizaxe autónomo.

8. Autonomía e iniciativa persoal, deixando espazo á creatividade, fomentando a participación e valorando a iniciativa.

TEMAS TRANSVERSAIS

-Educación para a paz e a interculturalidade.

-Educación para a igualdade de oportunidades.

-E. moral e cívica.

-E. Ambiental.

-E. en medios de comunicación e educación do consumidor.