Durante o confinamento apareceron gran número de contos relacionados co coronavirus, a pandemia, a desescalada ...
Podedes lelos ou ver os videos lendo os códigos QR ou accedendo dende a seguinte ligazón:
Un proxecto que vai ter continuidade o vindeiro curso.
Trataremos de transformar o noso patio nun espazo inclusivo e cheo de vida, onde as nenas e nenos sexan xs protagonistas.a
Na nosa revista, que este ano editamos dende a casa, aparece unha mostra resume de todos os proxectos levados a cabo durane o curso.
A maioría son páxinas dedicadas ao Proxecto anual
Podedes lela aqui
Esperamos que sexa do voso interese.
Conectamos coa Natureza: Reflexionamos, xogamos e escoitamos un conto
Amamos a natureza: O alumnado fotografou as árbores e plantas que hai na súa contorna. Con todas elas creamos xogos en Educaplay
Día dos oceanos: Creamos un panel interactivo en Genially coas fotos que nos enviaron onde se ven os diferentes oceanos dende diferentes puntos do planeta.
Reflexionamos sobre o lixo que tiramos fora dos colectores e que vai parar ao mar.
ODS 3, 4, 11, 13, 15
Todos os anos sementamos o noso horto. Este ano plantamos frambuesas, sementamos patacas e outras hortalizas.
O malo foi que non puidemos coidalo debido ao estado de alarma e o confinamento.
Cando volvamos veremos cantas plantas medraron e o que podemos colleitar.
ODS 3
A comida sana é moi importante para medrar
Nestes videos podedes ver que no comedor da nosa escola a froita e as verduras son uns alimentos moi apetecibles. Pero tamén comemos peixe duas veces por semana, legumes e hortalizas ..
O leite e as froitas están a disposición dxs nenxs todos os recreos.
E cando hai unha celebración de aniversario xs nenxs que cumpren anos preparan a torta para xs compañeirxs, axudados polas mestras.
SOMOS UN COLE SAUDABLE!
O sabor da aventura está no mar é unha actividade dentro do Plan Proxecta.
Aprendemos sobre as diferentes clases de peixes e os nutrintes que aportan á nosa dieta.
Comemos san tamén na casa
ODS 10
Esta actividade, tamén realizada dende a casa polxs nenxs de EI, serviunos para coñecer a realidade das persoas con autismo.
ODS 10
Con esta actividade que fixemos dende a casa tentamos dar visibilidade ás persoas con síndrome de down
Buscamos poemas relacionados cos ODS. Cada clase recitou ou cantou o seu poema
As familias colaboraron recitando versos do poema de Rozalén "Aves engaioladas"
As mestras e mestres traducimos e recitamos "A primavera non o sabía"
ODS 4,5
Cada clase fixo unha escultura empregando material de refugallo na que aparecían os nomes e achegas de mulleres galegas
ODS 3,4,5,7,9,10,11,
Seguimos co noso afán "reciclador". Comezamos coa recollida de pilas e baterías, colaborando un ano máis no programa PILABOTs . Os colectores xa están no cole. ODS 11,13
Os ODS estiveron moi presentes na nosa celebración do día da Paz. ODS 2,4,5,7,11,12,13,16
https://bloguesquio.blogspot.com/2020/01/paz-tres-letrinas-de-nada.html
Decoramos a nosa árbore de Nadal con materiais reciclados, adornos feitos por cada un dxs nenxs.
Gravamos un video con consellos para un nadal con "sentidiño" ODS 2,5,10,11,12
Ciencia medioambiental ODS 4,6,7,9,11,13
ODs 3,4, 5,10,13,14
A estas alturas todxs sabemos o que é un Escape room: un xogo de aventura onde os participantes teñen que resolver unha serie de probas para conseguir un obxectivo.
Nós, baseándonos no xogo de escape que prepararon no CEIP Victor López Seoane, elaboramos o noso para que o alumnado, tras resolver probas relacionadas co coñecemento dos espazos da biblioteca, a distribución dos fondos, o uso das tablets e os buscadores de internet ... lograran reunir as tres chaves que abrían a caixa onde estaba gardada a vacina para destruir o virus L1-XO, catalogado hai varios anos pola Dra. Ana Tureza.
No proceso estiveron acompañados por Efrén, a nosa mascota e ata recibiron unha mensaxe da doutora en persoa:
Este foi o noso desafío
E estas, as pistas e enigmas que había que resolver
ODS 7,11,13
Xa chegaron as bolsas-papeleiras para as aulas.
Dous dxs nosxs patrulleirxs verdes leváronas a cada clase para motivar a nenas e nenos a separar o lixo.
É unha actividade que xa viñamos facendo, pero, seguro que deste xeito separaremos ben, para reciclar mellor.