No curso 2013-2014 fixemos unha serie de actividades denominadas BATAS AO PILÓN, onde misturamos o PROXECTO BATA co ROTEIRO POR COIA.
Aquí vemos os vídeos das actuacións levadas a cabo en Marzo do 2014 no IES, onde hubo as seguinters actividades:
1o Bacharelato de artes escénicas: presentación do festival e actuacións musicais.
2o Bacharelato artes escénicas: adaptación teatral do relato O INDULTO de E. Pardo Bazán.
1o Bacharelato (Historia e Antropoloxía): encontro coa asociación de mulleres do barrio de Coia DORNA para falar sobre a súas experiencias nos lavadoiros.
4oESO B: elaboración da “colada” con casca de carballo e explicación no festival
3oESO diver-ciencias: elaboración de xabón e explicación da súa experiencia
3o ESO bilingüe: composición e actuación dun rap en inglés sobre o
tema das lavandeiras.
4º B ESO tecnoloxía: creación dun doblador de camisetas e
demostración no festival.
1o ESO lingua castelá: traballo do texto instructivo, “como poñer a lavadora” e explicación no festival
1o ESO titoría: teatralización de poemas de Rosalía sobre as lavandeiras do libro sobre as lavandeiras de María Cerqueiro da
editorial A NOSA TERRA.
PLÁSTICA: coloborou recopilando unha galería de imaxes (pintura e fotos) que logo usamos.