Deberedes ter a un coordinador-a en cada grupo de traballo que será nomeado por votación entre os membros de cada grupo e que terá as seguintes funcións:
Si clicades nas vosas profesións teredes un arquivo para imprimir no que se vos explicará como facer o voso traballo.
O traballo final consistirá na elaboración dun traballo (un cada grupo), en procesador de texto,que recolla toda a información que se vos pide. Teredes que facer unha presentación do traballo realizado en powerpoint ou lapbook.. e expoñelo verbalmente. Para elo contaredes co asesoramento do grupo de maquetadores-as.
A exposicíon consistirá nunha explicación de como foi o voso proceso de investigación e de como chegáchedes as conclusións.
Nomearedes voceiros-as da exposición dentro de cada grupo e poñerédesvos dacordo no tema que ten que expoñer cada un.