Normalización

As matemáticas, tamén en galego

Este é un dos tres vídeos cos que o ENDL do CPR Santa Juana de Lestonnac (Ferrol) celebra a xornada reivindicativa do Día da Ciencia en galego do 2017. Un listado de palabras do vocabulario científico e unha restra de declamantes das mesmas para reivindicar o uso da lingua galega nas materias científicas

Ensinas máis do que cres

A campaña  "Ensinas máis do que cres" concibida, creada e impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, estaba  orientada (2016) a pular polo uso da lingua galega na docencia desta institución.

En galego tamén se fai ciencia

En galego tamén se fai ciencia foi unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística das tres universidades galegas da que se realizaron dúas edicións: 2010 e 2012

A lexislación actual no ensino das matemáticas en galego.pptx

A lexislación actual no ensino das matemáticas en galego

Seguindo as diapositivas faise un percorrido polas distintas ordes e decretos desde o fin da ditadura, e inclúense algunhas reflexións de estudos sobre a cuestión ou diapositivas relativas á carencia de materiais didácticos na nosa lingua para a materia de matemáticas.

Se alguén se para a pasar as diapositivas, quizais considere algo incomprensibles as número 19 e 20. Explícanse dalgunha maneira na seguinte, na nº 21 e neste artigo de Paenza no que se relata o fracaso da enorme enquisa realizada pola revista Literary Digest no 1936 diante das eleccións presidenciais estadounidenses na que Roosvelt se enfrontaba a Landon. Ese fracaso tiña as súas raíces nun desastroso procedemento de escolla da mostra. Tomo esta referencia para explicar que o sistema é esencialmente o mesmo que o usado pola Consellería de Educación no ano 2009  cando realizou unha consulta "ás familias" do alumnado matriculado no sistema non universitario sobre distintos aspectos do uso das linguas no mesmo. Esta trapalleira consulta foi tida en en consideración para a elaboración do decreto 79/2010 (!) e así consta no preámbulo do propio decreto. Todo isto é indicativo do contido do funesto decreto.

Remata a presentación cun extracto dun artigo de D. Enrique Vidal Abascal do ano 1979, o ano en que se publica o coñecido como decreto de bilingüismo que tiña o obxectivo de prohibir a docencia en galego que comenzaba a abrollar naquela época. Pasaron 40 anos e seguimos nas mesmas. 

o ensino en galego o galego no ensino.pptx

O ensino en galego, o galego no ensino

Entrevista a Carmen de las Casas

Entrevista á profesora de matemáticas Carmen de las Casas, de orixe canaria, realizada no 2013 polo seu alumnado. "Carmiña" fala sobre a súa experiencia en Galicia e co galego.