Un estándar de aprendizaxe é a especificación dun criterio de avaliación. Permite definir os resultados da aprendizaxe do alumnado e concretar o que saben. Teñen que ser medibles, observables e avaliables.
Na nosa contorna temos recursos para poder traballar os estándares de aprendizaxe que establecen os currículos educativos. Nesta sección engadiremos exemplos.
4ºESO Bioloxía e xeoloxía.
CONTIDO: B3.11. Actividade humana e medio ambiente. Impactos e valoración das actividades humanas nos ecosistemas. Consecuencias ambientais do consumo humano de enerxía.
ESTÁNDAR: BXB3.8.1. Argumenta sobre as actuacións humanas que teñen unha influencia negativa sobre os ecosistemas: contaminación, desertización, esgotamento de recursos, etc.
2ºESO Xeografía e Historia.
CONTIDO: B2.9. Paisaxes no territorio español e galego.
ESTÁNDAR: XHB2.9.1. Clasifica as principais paisaxes humanizadas españolas a través de imaxes.
3ºESO Xeografía e Historia.
CONTIDO: B2.7. Pesca: tipos e problemática.
ESTÁNDAR: XHB2.7.1. Procura información sobre a explotación dos caladoiros de pesca, usando recursos impresos e dixitais.
1ºESO Xeografía e Historia.
CONTIDO: B3.22. Península Ibérica: pobos prerromanos; Hispania romana; Gallaecia. Proceso de romanización. A cidade e o campo.
ESTÁNDAR: XHB3.22.2. Analiza exemplos do legado romano que sobreviven na actualidade.
XHB3.22.3. Entende o que significou a romanización en distintos ámbitos sociais e xeográficos.
4ºESO Xeografía e Historia.
CONTIDO: B7.3. Ditadura de Franco en España
ESTÁNDAR: XHB7.3. 2. Discute como se entende en España e en Europa o concepto de memoria histórica.
4ºESO Xeografía e Historia.
CONTIDO: B7.3. Ditadura de Franco en España
ESTÁNDAR: XHB7.3. 2. Discute como se entende en España e en Europa o concepto de memoria histórica.