CURSO 25-26
CURSO 25-26
Arrancamos este ano coa ansia de aprender todo o que rodea ó Entroido tradicional de Melide. As coplas, o testamento ou pregón, a batalla do Entroido coa Corentena a queima final... en fin, todo o que ferve nas rúas de Melide neses días.
E que mellor maneira de facelo que traendo ós protagonistas para que nos conten de primeira man como ano tras ano, gracias ó seu traballo e empeño, conseguen manter viva a tradición.
Aquí van, as entrevistas a Amiguete, Manolo Parrado e Tomás. Esperamos que as disfrutedes moito.
Entrevista a Amiguete
Entrevista a Manolo Parrado
Entrevista a Tomás
Despois de toda a revolución que nos trouxo o Entroido, aínda nos quedaron ganas de seguir investigando noutros campos da cultura galega. O alumnado do segundo ciclo de Primaria elaboramos durante o mes de marzo e aproveitando a celebración do día da muller, un traballo sobre mulleres ilustres galegas. Todo o que aprendemos mesturado co noso talento radiofónico deu lugar a esta bonita historia que vos ofrecemos en forma de conto fantástico.
Esperamos que vos guste moito.