Que é ser madriña ou padriño dunha aula do noso cole?

Ao comezo do curso 2013-2014 dende o equipo de ENDL e Biblioteca,

nace a proposta de asignar as aulas do centro un PADRIÑO DE AULA

Que é un padriño de aula?

O “Padriño de aula” é un proxecto a longo prazo, no cal paulatinamente cada unha das aulas

do centro irá adoptando o nome dun escritor ou escritora en lingua galega.


Dito autor ou autora estará presente na aula dende o “acto de apadriñamento”,

e a súa vida e obra será obxecto de estudio de todos os alumnos e alumnas, sendo deste xeito,

un referente literario e humano para os nenos e nenas que ocupen este espazo.

Que pretende o proxecto de apadriñamento?

O obxectivo xeral do que parte o proxecto é o de:

“ Achegar a cultura literaria en lingua galega aos nenos e nenas partindo do estudo das persoas que interveñen nela”