PINTANDO A BATA E O MURO: o alumnado da clase de Tecnoloxía de 4º D pintou a bata xigante no patio (coa imprescindible colaboración do profesor de Plástica, Jose Luis Suárez), unha bata na entrada do IES e unha pintada no muro relativa ao evento. Podedes ver o proceso nestes vídeos. Grazas a todos e todas os que participaron.