Grazas á gran maioría das persoas voluntarias en activo, Protección Civil Rianxo dispón dunha alta capacidade de actuación dentro da demarcación.
A Agrupación está formada íntegramente por persoas voluntarias con vocación, espírito de servizo e altruismo ilimitados e dispostos a colaborar en calquera tarefa todos os días do ano.
Somos un grupo moi unido procedente de diversos ámbitos e achegamos valor e profesionalidade desde moitas perspectivas.
Temos traballos, afeccións e idades moi dispares, pero únennos as ganas e o entusiasmo por facer as cousas do xeito máis profesional posible.
As persoas máis novas na agrupación é o estudantado, xente disposta a traballar e achegar novas ideas. Ademáis, moitas das persoas voluntarias traballan na extinción de incendios, son bombeiros, policías ou sanitarios, o que supón un plus engadido e moitos máis.
A formación é a peza clave na protección civil. Asistimos a diferentes cursos para dar resposta ás emerxencias e ademáis compartimos os nosos coñecementos coa cidadanía.
Todas as persoas voluntarias de novo ingreso precisan recibir unha formación básica para desenvolver as actividades. Aprenderán unhas nocións inicias sobre protección civil, primeiros auxilios e comunicacións impartidos polas persoas formadoras da Agrupación, na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) e outros expertos (bombeiros, policía, garda civil, etc.).
Colaboramos con organizacións para axudar a persoas en situacións de vulnerabilidade.
Reparto de alimentos.
Manter en alerta á cidadanía e ao Concello sobre a fauna silvestre dentro do municipio.
Reténs por inundacións, temporais e lumes.
Realizamos simulacros de incendios en centros educativos.
Traballamos man a man xunto ás forzas e corpos de seguridade e a outros servizos de emerxencias.
Busca de persoas desaparecidas.
Traballo xunto á Policía e Garda Civil en eventos.
Soporte e colaboración con persoal sanitario.
Tomamos parte nos principais eventos de Rianxo, colaborando coas organizacións e outros servizos de seguridade e emerxencias.
Festas da Virxe de Guadalupe
Cabalgata de Reis e Desfile de Entroido
Procesión da Virxe do Carmen
Feirón mariñeiro
Festa do Mexillón
Ondiñas Fest
Festas de San Xoán
Rock in Rian
Contamos cunha ampla cantidade de recursos para poder axudar nas posibles situacións e emerxencias que xurdan.
O noso parque móbil está composto por 2 todoterrenos, 1 motocicleta e 1 lancha.
Navara
Amarok
Pelicano (Peli)
Zodiac
ONDE NOS ATOPAMOS? 📍
CONTÁCTANOS ☎️
Podes contactar connosco en calquera momento: para pedirnos axuda, por se tes calquer problema ou queres que colaboremos nalgún evento, estaremos encantados!
Tlfn: +34 604 00 23 97
Correo: rianxoproteccioncivil@gmail.com // pcrianxo@hotmail.com