O stargal foi un gran traballo no cal houbo moita resposabilidade en nós. A min pareceume que nós esforzamos moito, tuvemos unha boa organización, e houbo moito traballo por parte de todos non solo durante ese dia.
Este era o cartel que tiñamos que seguir os tutores de clase para poder seguir o programa e para que todas as clases podan seguir un orde e non descordinarse
Nas 3 primeiras horas tuvemos que facer un rosco, un kahoot e un drobaxe o cal mantivo a miña clase bastante entretida. Tuven a sorte de ter unha boa clase na cal todos participaron nestas actividades e fixeron un bo traballo.
Este cartel da xincana era onde se poñian os gañadores de todas as probas para os premios e viase un pouco os temas sobre os que iban os xogos. Na xincana eu estuven na aula dos meus xogos atendendo a o alumnado de 3º e 4º e explicando como era o funcionamento da aula e os pasos que habia que seguir.
https://scratch.mit.edu/projects/1019662034/
Este é meu xogo o cal estuvo en varios ordenadores da aula para que todo o mundo o pudera xogar.