Neste libro cada capítulo é unha historia diferente que se escribe en formato de carta. Estes relatos tocan temas moi variados como a pobreza, a guerra, a prostitución, o franquismo… Un dos meus capítulos favoritos é "Ilegal", nesta carta Ndeye cóntalle a súa cuñada Nafissatou como o seu irmán morreu no mar ao intentar chegar a Europa polo estreito de maneira ilegal; tamén narra a súa travesía cara o norte para encontrar un amigo que tiña no País Vasco, pero, acaba facendo o camiño de Santiago e agora vive en Galicia.
Penso que é unha lectura moi recomendable xa que ten a intención de concienciar sobre as problemáticas que se propoñen en cada unha das cartas.
Nerea Fandiño Fondo.
O título da obra que recomendo xa nos aporta pistas sobre o tema no que se vai centrar, pois é unha historia que narra en primeira persoa o inferno que sofre unha moza chamada Marta tras aceptar saír cun mozo, do cal tampouco puido escapar cando realmente o desexaba.
Persoalmente, encontro esta historia recomendable xa que combina unha novela de aventuras e anécdotas cun pouco de autoaxuda nos temas de violencia tanto física como psicolóxica.
Susana Lema Castro.
Este libro cóntanos a historia dun neno que nace “distinto”, cunhas certas deformidades na cara e con moitos problemas de saúde, por esas circunstancias nunca fora ao colexio, ata ese ano que nos conta o libro. El sempre foi obxecto de miradas, murmurios… por iso Auggie sempre odiou saír de casa. E o libro cóntanos como pouco a pouco vai sobrelevando os problemas que lle pon a vida. É un libro que che ensina un punto de vista dun neno que sofre acoso por ser “diferente”, a historia engánchache moito, foi a primeiro libro que me creou a necesidade de acabalo, e tamén a primeira novela que me fixo chorar.
Antía Rojo Romar.
La sombra del viento do escritor español Carlos Ruiz Zafón é unha novela extensa, misteriosa e emocionante na que os libros teñen máis importancia que nunca. A historia trata sobre un neno ao que o pai lle confesa o segredo que levaba gardando desde que el era un cativo: é gardián dunha biblioteca de libros abandonados. A partir deste momento, o neno pasa a ser o encargado de que estes libros non sexan esquecidos e deberá protexelos. Pero isto non lle será doado, posto que un misterioso home está disposto a facer o que sexa para queimalos. Ademais, a parte boa coa que conta esta lectura é que pertence a unha tetraloxía co mesmo nome, polo que se che gusta podes seguir lendo para ver como continúa a historia.
Lucía Rivera Couto.
Belleza Roja é unha obra de Arantza Portabales , esta escritora é galega e a historia está ambientada en espazos galegos. Trátase do asasinato de Xiana, a nena da familia, e o culpable so pode ser un membro da familia porque o suceso ocorreu na súa casa cando estaban nunha comida familiar. A morte de Xiana está representaba como unha ilustración que interpretaron a nai e a tía cando eran pequenas, o cal levou aos policías a sospeitar sobre elas. E os inspectores que levan o caso van vivindo unha relación de amor ao longo da historia. O libro tamén conta a traxectoria vital dos seus personaxes e como foron evolucionando ao longo da súa vida.
Mireya Carballo Senande.
Este libro consta de 20 capítulos máis o epílogo, cunha extensión de 216 páxinas. Trata sobre unha rapaza que se chama Isla, a cal non lle foi moi doado mudar de cidade e comezar de cero nun instituto novo. A ela encántalle avistar os planetas, a través do telescopio, no que tamén mira as estrelas. Casiopea era o nick que empregaba nos foros de astronomía que utilizaba a miúdo. Alí coñece a Xúpiter, algún que semellaba saber moito de estrelas. Comezan a falar ata as tantas da madrugada e Isla necesita sabelo todo sobre Xúpiter. Quedan para coñecerse nunha noite de San Xoán, pero a vida de Isla está a punto de cambiar para sempre. Recomendo este libro xa que me parece moi interesante e tamén ten unha parte de ensinanza pois non hai que confiar en ninguén por internet.
Pablo Leis Fondo.
Este libro consta de 318 páxinas que se fan moi amenas xa que te engancha desde a primeira páxina. O autor Héctor Cajaraville conta a historia dun rapaz que atropela a Chiruca, unha señora da vila. A xuíz Felpeto sentenza a Estevo dunha forma peculiar, indo a coidar uns días á semana a Chiruca. O que ninguén se esperaba era que eles dous se fixeran moi amigos e a señora lle contara cousas da súa vida, isto desemboca en que Estevo e a súa moza Inés removan o seu pasado e descubran segredos de Chiruca que nin ela sabía. O libro desenvólvese entre chegar ao fondo do misterio de Chiruca e como a relación entre os mozos e a señora afiánzase pouco a pouco.
Xeima Manmina Suárez.