Bases

Pinchoterra é unha ruta de pinchos polos locais de hostalería de Salvaterra de Miño onde o público poderá degustar diferentes propostas gastronómicas nos 26 locais participantes durante todos os venres do mes de abril.

Para participar na ruta e coñecer os establecementos adheridos e as súas propostas de pincho só é preciso entrar na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Aquelas persoas que participen ademais terán a posibilidade de entrar no sorteo dun primeiro premio de 260€ para gastar nos locais participantes, 26 premios máis aportados por estes mesmos locais e 10 bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros.

Para participar o cliente recollerá en calquera dos establecementos adheridos un pasaporte que deberá cubrir con 6 selos diferentes de 6 establecementos visitados. Unha vez conseguidos os selos deberá cubrir os seus datos persoais e votar polo mellor pincho.

Unha vez rematado o mes de abril procederase ó reconto dos votos polo mellor pincho que terá un premio que consiste nunha noite con spa e desayuno para dúas persoas e un premio de Experiencia de Galicia para o cliente que máis consuma durante a Ruta Pinchoterra.

Posteriormente realizarase o Sorteo con representantes dos locais adheridos durante o mes de maio. Os gañadores serán contactados vía telefónica e anunciaranse nas redes sociais do Concello (Facebook e Instagram).