Quixemos saber que se sinte no deporte de élite. E tendo figuras tan destacadas na nosa contorna, acudimos a elas e elas respostaron.
Aquí quedan as montaxes gráficas que se fixeron coas súas respostas. Algunha respostou con audios e creáronse podcast aos que se pode acceder cun QR, outras enviaron as respostas xa elaboradas nun texto coidadísimo e houbo ata quen enviou as respostas manuscritas. Un luxo de actividade que da para pensar e repensar moitas cousas.
Joel, exalumno do noso centro. Visitou á clase de 3º A, a do seu irmán para falar moito e ben
Que sabias palabras nos di Carmen, verdades boas e grandes.
A olímpica Julia Vaquero enviou un cuestionario "manuscrito" que respectamos e reflectimos en imaxes
A nosa profe de 1º C, tan preto e tan boa!!
Plusmarquista de entrega de cuestionario, moitas grazas
Dori visitou a clase de 3º A, onde conta cunha familiar
Manu forma parte da Selección Galega e leva o nome da Estrada por todo o estado
Flamante campión ciclista e pai de alumn@s do noso cole
Moito aprendemos con Ángel!!