Concienciar a toda a comunidade educativa da necesidade de promover a inclusión social e a igualdade de oportunidades para as persoas con capacidades diferentes, mediante a implementación de accións que favorezcan o seu desarrollo integral, a autonomía e participación activa na comunidade, fomentando unha cultura de respeto, empatía e accesibilidade.
O noso PDI sempre arranca coa celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Nesta ocasión contamos cun concerto de Adrián Vigo, artista discapacitado,e cun encontro con Marisol Bravos mestra retirada que tivo un encontro para falar da inclusión con todo o alumnado do centro.
No mes de novembro levamos a cabo no noso centro unha xornada deportiva moi lúdica na cal os membros da Asociación San Vicente de Paúl que adestran ao baloncesto viñeron a nosa escola para ter un partido co alumnado de 5º, aínda que o resto do alumnado foi participe acudindo ao evento.
Para celebrar o día 3 de decembro, que é o día da discapacidade fixemos unha carreira solidaria da man da fundación ENKI.Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º asistiron na nosa biblio a un encontro con varios internos de ASPANAIS (asociación depersoas con discapacidade cerebral)
O alumnado de 6º achegouse ata as instalacións de ASPNAIS na cidade de Lugo para coñecer de primeira man o seu traballo e pasar unha xornada de convivencia coas persoas da asociación.
Xornada de deporte adaptado
O pasado 9 de marzo a alumnado de 6º acudíu a xornada de deporte adaptado organizado pola fundación Enki.
Día do Síndrome de Down
O pasado 17 e 18 de marzo acudíu a nosa escola Down Lugo para celebrar con nós o día internacional deste Síndrome e para achegarllo ao noso alumnado.
Pictografiamos o cole con Raiolas
Durante este curso colaboramos con numerosas asociaciacións da cidade de Lugo. Nesta ocasión puxémonos en contacto con Raiolas para pictografiar a escola.
Traballiños de aula.Cartel do PDI
Durante este curso a nosa mascota Libeteca foi facendo diferentes encomendas ás aulas. A primeira destas foi elaborar unhas letras diferentes para elaborar entre todos e todas as nosas letras do proxecto.
Traballiños de aula.Que é a discapacidade?
Durante este curso a nosa mascota Libeteca foi facendo diferentes encomendas ás aulas. A segunda das encomendas e coa intención de traballar o concepto de diversidade elaboramos en todas as aulas uns lapbooks.
Traballiños de aula. 25N
Durante este curso a nosa mascota Libeteca foi facendo diferentes encomendas ás aulas. A terceira destas encomendas foi facer unha caixa informativa sobre unha muller discapacitada e a súa aportación á sociedade.
Traballiños de aula. Creamos xogos inclusivos.
Durante este curso a nosa mascota Libeteca foi facendo diferentes encomendas ás aulas. A cuarta encomenda foi facer un xogo inclusivo poñendose na pel das persoas discapacitadas.
Traballiños de aula. Elaboramos audiolibros.
Durante este curso a nosa mascota Libeteca foi facendo diferentes encomendas ás aulas. A quinta destas encomendas foi preparar un audio libro onde se tratasen as diferentes discapacidades.
Xornada das letras galegas.
Durante este curso colaboramos con numerosas asociacións. Nesta ocasión o Equipo de Dinamización preparou, en colaboración con Aspnais uns bailes tradicionais.
Vídeo resumo do noso PDI.
Durante este curso a nosa mascota Libeteca foi facendo diferentes encomendas e traballando con numerosas asociacións, neste vídeo que preparamos para a nosa xornada de Portas abertas queda patente todo o que se fixo.