OBXECTIVOS

OBXECTIVOS XERAIS

- Recoñecer na alimentación un proceso consciente e voluntario, que atinxe á adquisición, manipulación e elaboración dos alimentos que inxerimos

- Identificar as variables que inflúen nas diferentes formas de alimentación que houbo e hai ao longo do tempo, ao longo do ano, nos diferentes espazos xeográficos, por decisións persoais...

- Achegarse aos diferentes modos de produción de alimentos coas consecuencias que cada un supón.

- Coñecer e valorar o sistema de produción de alimentos tradicional.

- Fomentar unha actitude crítica como consumidores de alimentos

- Identificar as principais profesións relacionadas co feito de alimentarse.

- Recoñecer a responsabilidade da acción humana na situación actual que presenta o planeta no que a alimentación se refire


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Tendo en conta os obxectivos propostos no Plan anual de lectura, pasamos a ver polo miudo, como contribúe o PDI AMAROMAR á súa consecución:

· Fomentar o hábito da lectura.

· Contribuir á mellora das capacidades lectoras dende a perspectiva dos multialfabetismos.

· Avanzar cara o afianzamento da biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxes.

· Desenvolver as accións necesarias de cara a acadar unha biblioteca inclusiva.

· Facilitar recursos ao profesorado que inclúa todo tipo de textos en diferentes soportes para fomentar no alumnado melloras significativas na “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información”.

· Contribuir á consecución da “Alfabetización Mediática e Informacional” AMI.