CANDO BAILAR ERA COSTUME...
O primeiro traballo de investigación deste curso pretende coñecer ONDE se bailaba e se baila no noso concello.
Faise imprescindible a colaboración das familias para achegar as súas experiencias, e que serán o obxecto do noso estudo.
Toda esa información aparece recollida nunha pequena folla que viaxou ás casas e veu de volta, para que se analicen os seus datos nas clases interesadas.
Traballamos coas seguintes variables:
ÉPOCA, distinguimos os seguintes momentos:
Ata 1950
Anos 60
Anos 70
Anos 80
Anos 90
S XXI
UBICACIÓN dos lugares de baile
XERACIÓN, polo grao de parentesco:
Tataravós e tataravoas
Bisavós e bisavoas
Avós e avoas
Pais, nais, tíos
Toda a familia
DISTANCIA a percorrer dende a casa de cada familia
RESULTADOS
Este traballo de investigación e os seus resultados, foron o xerme para
Obra de teatro escrita e dirixida pola mestra Carmen Sánchez, responsable do EDLG do CEIP de Figueiroa para participar no Certame de TEatro Escolar OLIMPIO ARCA.