Quen somos

Pandeireteiras Sen Fronteiros é un grupo de música tradicional da Galiza, feita con voz e percusións, principalmente pandeiretas.


Nace na Coruña no 2014 co obxectivo de estudar e coñecer a música tradicional galega a través da investigación e o traballo de campo, para así poder recuperar a tradición cultural da súa terra. A finais de 2016 consolidan a súa estrutura e actividade constituíndose como Asociación Cultural Pandeireteiras Sen Fronteiros.


Deste xeito, pretenden poñer en valor e difundir este patrimonio inmaterial, así como situar a música galega no contexto das músicas de raíz.