POR QUE?

LEXISLACIÓN

BIBLIOTECA ESCOLAR, POR QUE?


Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia,

  • artigo 5: as bibliotecas escolares como integrantes do Sistema galego de bibliotecas,
  • artigo 6: as persoas físicas ou titulares das bibliotecas deben promover un desenvolvemento sustentable, coherente, innovador e constante dos seus propios servizos bibliotecarios.


Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE),

  • artigo 113: os centros dispoñerán dunha biblioteca escolar que contribuirá a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e outros recursos de aprendizaxe das demais áreas e materias.


Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo de educación secundaria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia,

  • todos os centros educativos teñen que elaborar o seu proxecto lector, co fin de articular actuacións que favorezan o fomento da lectura, da escritura e das habilidades no uso, no tratamento e na produción de información, en apoio ás competencias clave. Un dos requisitos deste proxecto lector e a existencia dunha biblioteca escolar,
  • propoñen metodoloxías activas e colaborativas para garantir o desenvolvemento das competencias clave que exixen transformación na organización dos centros e que demandan enfoques diferentes para as prácticas educativas,
  • artigo 11, punto 9 (Decreto 86/2015): “Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Para isto, aproveitaranse as posibilidades que ofrecen as metodoloxías de proxectos, entre outras, así como os recursos e as actividades da biblioteca escolar.”


Documento do Consello da Unión Europea do 26 de abril de 2012,

  • as bibliotecas teñen o reto de favorecer a alfabetización múltiple


Informe de 2015 do Consello e da Comisión Europea sobre a aplicación do marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e da formación (ET 2020)

  • todas as bibliotecas, incluídas as escolares, poden contribuír a unha aprendizaxe de calidade,
  • a educación e a formación deben aproveitar as vantaxes da evolución no ámbito das TIC e adoptar pedagoxías innovadoras e activas, tomando como base métodos participativos e baseados en proxectos.


Informe PISA 2015

  • conforman a mellora continuada do alumnado galego en competencia lectora


Instrucións do 3 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

  • todos os centros deberán establecer medidas organizativas para ter unha biblioteca escolar que favoreza o achegamento a libros informativos e de ficción, e outros recursos informativos, en soporte impreso, audiovisual ou electrónico,
  • o espazo debe estar organizado en función das prácticas que interese incentivar,
  • deberá ser unha biblioteca inclusiva,
  • debera facilitar o tratamento transversal os contidos cun enfoque interdisciplinario en proxectos e actividades, contribuíndo así cambios metodolóxicos imprescindibles.


Plan LÍA de bibliotecas escolares para o período 2016-2020

  • obxectivo: dotar aos centros educativos de bibliotecas escolares útiles, estables, sustentables e acordes ás necesidades do século XXI.
Liñas prioritarias 2018-2019.pdf
Liñas prioritarias 2018-2019.pdf
Liñas prioritarias 2018-2019.pdf
Liñas prioritarias 2018-2019.pdf
Liñas prioritarias 2018-2019.pdf
Plan Anual de Lectura 2018-2019.pdf